Carta de García Sabell a Seoane. 1970 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de García Sabell a Seoane. 1970

14 de xullo de 1970 · Nova York → Bos Aires

DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/DR. TEIJEIRO, 11/ TELÉFONO 581330/SANTIAGO


14-VII-1970

Querido Luis:

Hoxe, por correo aéreo, remeseiche a foto da caricatura de Bagaría. Tamén vai outra que se refire á participación das escuadras alemá e italián na nosa guerra civil. Non sei onde sería publicada.
Un distes días mandarei os versos de Valle-Inclán.
¿Cómo van as tuas cousas?
Eu, eiquí, estou traballando moito. Teño varias cousas entre mans. Xa che darei noticia delas.
Unha moi forte aperta.

Domingo

Prégoche que non te esquezas do autógrafo de Alberti.