Carta de García Sabell a Seoane. 1971 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de García Sabell a Seoane. 1971

29 de marzo de 1971 · Nova York → Bos Aires

DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/ DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 581330/SANTIAGO

29-marzo-1.971
Sr. D. Luis Seoane
BOS AIRES


Querido Luis:

Entereime por Rafael Dieste que pronto voltaredes por eiquí. Prégoche non esquezas o poema autógrafo de Alberti.

Temos moito que falar, e falaremos.

Apertas garimosas de Elena e miñas pra Maruxa e pra tí.