Carta de Dónega a Seoane. 1973 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Carta de Dónega a Seoane. 1973

29 de decembro de 1973 · A Coruña → Bos Aires

A Cruña, 29.12.73

Luis Seoane López
Buenos Aires

Luis, meu amigo:

Veño de saber da triste nova do pasamento da túa naiciña. ¿E que che hei decir? Calquer frase de consolo pareceráche valdeira, oca e sin senso algun. Porque os que pasamos pola mesma malfadada esperencia sabemos que somentes o paso do tempo deixará en tí a saudade dun ben perdido.
Supoñémoste totalmente resposto das consecuencias do teu accidente automovilístico. E que andarás xa, de cacho para cribo, sin axuda de aparellos. Que así seña.
E sin máis por hoxe, recibide Maruxa e máis tí unha cordialísima e cinguida aperta de Fernanda e miña.


Dónega