Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1959 · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Versión de probas do Proxecto Epístola. Os contidos son os mesmos; estamos a probar unha nova forma de acceder a eles. Ir á versión actual
Proxecto Epístola · Carta

Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1959

24 de agosto de 1959 · Bos Aires → Cambados

Desde Bos Aires, onde era convidado de honra das Xornadas Galegas do Centro Galego, Otero Pedrayo felicítalle a Cabanillas o día de San Ramón e cóntalle a acollida entusiasta que a súa obra —Vento mareiro, Samos, Da terra asoballada, A rosa de cen follas— ten entre a emigración galega. É a segunda viaxe de Otero á Arxentina, despois da de 1947.

Buenos Aires 24 do agosto 1959

Sr. Dn. Ramón Cabanillas

Querido e lembrado irmán:

Vén vogando por nubes craras do agosto o San Ramón. Eu pasareino con Fita no mar, camiño das portas do outono galego. Que disfroites dun ditoso día cos teus, cas memorias dos amigos, co agasallo das foulas e das froumas! Non sabes que groria de aprausos cando voa teu nome ou o de algunha das túas creaciós —Vento mareiro, Samos, Da Terra asoballada, A rosa de cen follas— diante de un auditorio galego...

Traballei o que puden, con fidalguía e sementando a paz ás5 mancheas. É un consoo e un premio o latexar galego eiquí.

Saúdos de Fita. Sempre teu vello ademirador, teu irmán

Ramón Otero Pedrayo

Notas á transcrición
5 Na carta lese "as mancheas". Corrixo con "ás" tal como aparece na súa obra literaria.