29/06/1975 Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1975 / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1975

29/06/1975
Isaac Díaz PardoValentín Paz-AndradeLuís Seoane
Compartir en

29 de xuño de 1975


Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo


Querido Valentín:

Moitas gracias polo préstamo deses libros que velaí van de volta, recontadiños todos.
Non ben teña un intre baixaremos a Vigo. Neste intre ando agoneadiño de tempo. E pra meirande calamidade Seoane anda mal, sigue mal, acaso peor. Sin saír da casa, moi fastidiado coa súa perna que non millorou dende fai dous meses. Está o home desolado e desesperado.
Pra Pilar e pra os fillos e netos, pra ti, nosas apertas tensas e nosa saudade ademais da nosa solidaridade en todo


[Isaac]

FICHA DOCUMENTAL