24/04/1966 Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966 / <!--Epistolario singular VPA--> Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966

24/04/1966
Isaac Díaz PardoXosé Núñez BúaValentín Paz-AndradeJosé Villamarín Prieto
Compartir en

Vigo, 24/4/1966


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Cerámica Celtia S.A.
FF.CC. Magdalena (La Plata)


Querido Isaac:

Eres o demo… De min din que son home de vontade… os que sempre tuveron pouca. Se conoceran a túa teimosía rebaixarían moito os grados d-aquel xuizo.
Onte escribín a Villamarín. Fíxeno despois de cavilar tres ou catro días no contido da túa carta e d-outra que Pepe tamén me escribiu. Non tiña mentes de sahír de Samil n-este vrao, despois d-un viaxe que nos meiados de maio debo facer a Francia, d-outro que acabo de facer a Guinea Ecuatorial e Canarias, e d-outro ao mesmo destiño que me agarda pra o outono. Agora ben, aínda que non sexa merecente de tanto, estimo canto procede do Centro e de Villamarín e non podo decir que non.
Dicíalle ao Presidente que, sin se deixar infruír por afeccións que están por enriba de todo, deben escoller o nome que mellor vaia ao proveito da laboura que o Centro ven facendo. Eu podo ben pouco e, ademais, non todos aceitarán de bon grado que eu volva a ser invitado. Debedes ter en conta todo, antes de que a Comisión de Cultura decida.
Si o viaxe se fai, coido que nin Pilar nin Alfonso irán comigo. Pilar quere pasar co-a nai, que está en máis de 80 anos, os días que eu poida andar por fóra. Alfonso quere ir de San Johán a agosto até Oxford, onde ten compañeiros e pode deprender inglés. Non quixera estar en Bos Aires máis de 8 ou 10 días, e cecais faga o retorno por Lima, pra conocer algo do Perú, que é unha páxina en branco da miña xeografía americana.
Sospeito que non tes recibido unha carta que debín escribir en marzal, nos primeiros días. Tamén lle escribín a Núñez Búa duas ou tres cartas, que deben andar n-algunha morea sin repartir na capital das folgas postaes. Pepe non se da conta do que ten á beira, e malla en min supondo que eu non contesto. Que lle queres…
Moitas gracias e a máis forte aperta de

Valentín

Falei con Mimina por teléfono e todo vai ben alí.

FICHA DOCUMENTAL