Escritor e político galego. Pertencía a unha familia acomodada. Aos 20 anos organizou as Mocedades Galeguistas de Celanova e participou na constitución da Federación de Mocedades Galeguistas en 1934. A publicación do poemario Longa noite de pedra (1962) consolidouno como o herdeiro do legado de Manuel Curros Enríquez. Ao volver da emigración instalouse en Madrid. Destacando a poesía de fondo contido social. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1989.