Esta colección de cartas intercambiadas entre o dramaturgo catalán Ricard Salvat (1934-2009) e o artista Luís Seoane (1910-1979) corresponden, na súa maior parte, aos preparativos da montaxe teatral Castelao e a sua época, dirixida polo primeiro e producida polo Círculo de Iniciação Teatral da Academia de Coimbra (CITAC) en 1969. Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo encargábanse da escenografía e figurinismo do espectáculo. A obra, prohibida pola censura portuguesa, nunca foi representada e estivo perdida durante varias décadas.
Coñece nesta reportaxe de culturagalega.gal o contexto histórico e cultural do epistolario




