Carta de Lois Tobío Fernández a José B. Abraira, 1985. · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Versión de probas do Proxecto Epístola. Os contidos son os mesmos; estamos a probar unha nova forma de acceder a eles. Ir á versión actual

Carta de Lois Tobío Fernández a José B. Abraira, 1985.

28 de febreiro de 1985 · Madrid → Bos Aires

28 febreiro 1985

Sr. D. Xosé Abraira
Bs. Aires.

Meu benquerido e lembrado amigo e irmán: Un amigo de vde. entregoume a sua carta despois dunha conferencia que dei no Centro Galego desta vila encol da humanidade de Castelao. Sinto de veras non estar en Madrid cando vde veu pero dadoito pasamos os vrans fora de eiquí. Polo demais as miñas señas siguen sendo as que Vde. ten: Bonetero 5, 1º, 28016 Madrid, tel. (91) 458 19 67.
Sabe que en todo o que poida servilo estou á sua disposición, coma sempe, e aproveito a ocasión para mandarlle unha cordial aperta.