Carta de Xaquín Lorenzo a Lois Tobío Fernández, 1962. · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Versión de probas do Proxecto Epístola. Os contidos son os mesmos; estamos a probar unha nova forma de acceder a eles. Ir á versión actual

Carta de Xaquín Lorenzo a Lois Tobío Fernández, 1962.

3 de outubro de 1962 · Lobeira → Montevideo

Ourense, 3-X-62

Sr. D. Lois Tobio
Montevideo

Meu querido irmán: Moito tempo fai que non sei direitamente de tí, anque teño noticias por tua irmá, â que vexo de cotío eiquí.
De todos xeitos, un deber de gratitude faime agora escribirche.
A fins do vran viñen dende Lobeira a Ourense pra ollar os dous pirmeiros volumes da Historia da Galiza que tés a teu cargo. Vin o meu traballo e vín tamén a tua man amiga nél. Sei do traballo que che tivo que dar e o ben que de íl saiches. Deus cho pague.
Esta tua colaboración connosco trouxome âs mentes as nosas angueiras no Seminario de Estudos Galegos e lembrei aquiles tempos que xa non voltarán. Entón ainda había cordialidade no mundo e hoxe somentes podemos vivir de aquelas lembranzas.
De novo, que Deus cho pague.
Recibe unha aperta moi forte do teu de cote amigo e irmán
X. Lorenzo [sinatura autógrafa]

[Nota manuscrita a lapis de Lois Tobío, na esquina superior dereita]: Cont. 15-X