No ano 2015 con motivo dos centenarios dos nacementos de Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena o Consello da Cultura Galega publicou as 66 cartas que o lingüista vasco lle enviou a Ramón Piñeiro entre os anos 1949 e 1971 en colaboración coa Fundación Fermín Penzol onde está depositada a correspondencia de Ramón Piñeiro. A convivencia destas dúas figuras senlleiras das culturas vasca e galega durante anos nos cárceres franquistas forxou entre eles unha amizade persoal de por vida. Koldo Mitxelena foi un un destacado lingüista vasco e unha das máximas autoridades nos estudos sobre a lingua vasca sendo un dos artífices que propiciou a unificación deste idioma. Ramón Piñeiro máis interesado pola filosofía dedicouse ao traballo cultural no seo da editorial Galaxia. Ambos desempeñaron un papel relevante nos tempos de construción dos respectivos procesos de cara a autonomía con cadansúa aposta pola linguas éuscara e galega.
A correspondencia, mes a mes
Por riba do eixe, as cartas escritas por Ramón Piñeiro López; por debaixo, as que recibiu. As zonas grises son silencios longos. Preme nun mes para ver as cartas dese ano.
Calendario
Cada cadro é un mes; canto máis escuro, máis cartas.
Correspondentes 2
Persoas mencionadas 64
Preme nun nome para ver as cartas que o mencionan. O número indica cantas.
A
B
C
D
E
F
G
H
L
M
O
P
R
S
T
U
V
Y
Z
Voz. Conferencia
Conferencia de Ramón Piñeiro «Otero Pedrayo na cultura galega»
Voz. Discurso
Discurso de Ramón Piñeiro na RAG A linguaxe e as linguas
Discurso lido por Ramón Piñeiro no seu ingreso na Real Academia Galega, acto celebrado no ano 1967 na Coruña. Nel o autor sintetiza as ideas teóricas que conforman un dos eixos da súa preocupación por Galicia: a lingua.
Colabora
Se coñeces fondos epistolares ou atopas erros ou ausencias neste epistolario, escríbenos a epistolarios@consellodacultura.gal.





