Francisco Fernández del Riego (1913-2010) / Fondo: Xosé María Álvarez Blázquez no seu arquivo persoal / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Fondo: Xosé María Álvarez Blázquez no seu arquivo persoal

----

Francisco Fernández del Riego (1913-2010)
Fondo: Xosé María Álvarez Blázquez no seu arquivo persoal

Escritor, intelectual e político galego que desenvolveu desde a década de 1930 un traballo a prol da cultura galega. Foi un dos fundadores da Editorial Galaxia e da Revista Grial. Empregou diversos nomes artísticos no seu labor, como Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros.
Temos 1 epístola/s relacionada/s con Francisco Fernández del Riego (1913-2010) en Fondo: Xosé María Álvarez Blázquez no seu arquivo persoal
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1961-11-28
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1961)
Lugo - Vigo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1961) en 28/11/1961

Colegio Fingoy, Lugo, 28-XI-61

Sr. Don Xosé Mª Álvarez Blázquez
Vigo
Meu querido amigo: ¿Cómo non ía firmar a proposta do teu ingreso na Academia? Del Riego i eu quixemos xa te propor na anterior vacante. Non puiden asistir á unha reunión de amigos na que se acordou quete precedese Fole. Falo de anterior vacante, pero agora decateime de que se trata da penúltima. Pra a anterior pactouse cos da Coruña que presentaran a Meijide sobre a base de que apoiarían a túa candidatura para a próxima. Fun sempre, pois, entusiasta partidario de túa inmediata academización. Ti fixeches e fas unha grande labor, e serás académico de primeira. Se falas de formación truncada, íse e tamén o meu caso. Os dous somos cabaleiros mutilados pero non estamos entereimente inutis para o servicio.
Nas miñas notas non figura expresamente a data dos números do “Heraldo” ns que se pubricóu o “Rechamo”; pero combinando dados, chego á concreción de que a pubricación debéu comezar en novembro ou decembro de 1874.
Quixera que me mandaras unha breve nota descriptiva da “Resposta ao Rechamo”, pois nunca vin tal texto , e quixen mencionalo na Historia. Supoño que está en galego. Inserta algún pequeno anaco, indícame a métrica empregada e resúmeme o contido. De paso fai o favor de me indicar as páxinas de Orensanos ilustres que D. F. Alonso adica a Nóvoa.
Interesaríame certos números do Bol. da Academia Galega. Agoa estóu pendente da resposta de Naya sobre os que a Academia me pode facilitar. Cando a teña escribiréiche sobre o asunto.
Como non dubido da túa eleición, envíoche a miña felicitación máis sincera.
Apertas
R. Carballo.