Joan Ainaud de Lasarte (1919-1995) / Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa

----

Joan Ainaud de Lasarte (1919-1995)
Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa

Un dos personaxes máis importantes na xestión do patrimonio en Cataluña e director dos museos de Barcelona. Foi o comisario xeral da Exposición Internacional de Arte Románica de 1961, con sedes en Barcelona e Santiago de Compostela. Nesta última, Manuel Chamoso Lamas foi comisario adxunto. A correspondencia de Chamoso Lamas con Ainaud de Lasarte para que incluíse as esculturas do Mestre Mateo que estaban en Meirás no catálogo da exposición como “Propiedad de S.E. el Jefe del Estado” revela a intervención directa dos administradores de Franco. Ao final da Guerra Civil estivo recluído no campo de concentración franquista da Magdalena (Betanzos, A Coruña), xunto con outros prisioneiros cataláns procedentes das frontes do Ebro. De alí conseguiu saír grazas ao aval do célebre Eugenio d’Ors, amigo da familia e afín ao novo réxime.

Máis información no Diccionari d'historiadors de l'art català, valencià i balear

Temos 6 epístola/s relacionada/s con Joan Ainaud de Lasarte (1919-1995) en Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1961-07-28
Carta de Manuel Chamoso Lamas a Joan Ainaud de Lasarte
O Carballiño - Barcelona
Destinatario/a Orixinal -
1961-08-01
Carta de Joan Ainaud de Lasarte a Manuel Chamoso Lamas
Barcelona - Santiago de Compostela
Remitente Orixinal -
1961-08-01
Carta de Manuel Chamoso Lamas a Joan Ainaud de Lasarte
Santiago de Compostela - Barcelona
Destinatario/a Orixinal -
1961-08-04
Carta de Joan Ainaud de Lasarte a Manuel Chamoso Lamas
Barcelona - Santiago de Compostela
Remitente Orixinal -
1961-09-13
Carta de Gratiniano Nieto Gallo a Joan Ainaud de Lasarte
Madrid - Barcelona
Destinatario/a Orixinal -
1961-09-15
Carta de Manuel Chamoso Lamas a Joan Ainaud de Lasarte
Santiago de Compostela - Barcelona
Destinatario/a Orixinal -