Xesús Carro García (1884-1973)
Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa
Ordenouse presbítero en 1909 e foi secretario dende 1916 da Sociedad de Amigos del País. Estudou arqueoloxía prehistórica e protohistórica. Membro da RAG (1925) e encargado da sección de Arqueoloxía e Historia da Arte no Seminario de Estudos Galegos (1928). Foi un dos maiores divulgadores da cidade compostelá a traves das súas charlas e conferencias, emitidas pola BBC de Londres (1943-54). Escribiu artigos na prensa e en revistas coma Nós ou o Boletín da RAG. Publicou, entre outras obras, Las catedrales gallegas (1950), Estudios jacobeos (1954) ou A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia (1965).
23
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1928-05-03 | Carta de Xosé Filgueira Valverde e Xesús Carro a Francisco Sánchez Cantón |
Santiago de Compostela - Madrid | Remitente | Orixinal - |
| 1943-07-03 | Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena |
Santiago de Compostela - Madrid | Mencionado/a | Orixinal - |


