Manuel Kantor · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Versión de probas do Proxecto Epístola. Os contidos son os mesmos; estamos a probar unha nova forma de acceder a eles. Ir á versión actual

Manuel Kantor

Correspondente

Manuel Kantor

1911 (Bos Aires, Arxentina) – 1983 (Xerusalén)

Nacido na Capital Federal, no barrio de Floresta, en 1911, Manuel Kantor iniciouse como caricaturista do mundo teatral en maio de 1926, desde as páxinas do Diario del Plata. Tras unha breve incursión en El Plata e El Día, de Montevideo, as súas caricaturas apareceron sucesivamente en La Razón, Nosotros, El Hogar, El Mundo e, posteriormente, en xornais comunistas activos nas campañas antifascistas como El Patriota, Orientación e La Hora. A suma destes traballos deu lugar ao seu primeiro libro de humor, aparecido en agosto de 1946: De Munich a Nuremberg, con 182 debuxos políticos.
Así mesmo, foi autor de obras como Libros de los Chicos (1947), no que reuniu 120 debuxos a pincel, e Bahía, con 54 debuxos e témperas sobre a cidade brasileira, editado en São Paulo en 1955.

Cartas escritas e recibidas

Por riba do eixe, as cartas que escribiu; por debaixo, as que recibiu. Preme nun período para ver esas cartas.

En que coleccións e fondos aparece