| 1966-05-10 |
|
Vilardevós - Palma de Mallorca |
Remitente |
Orixinal -
|
| 1955-08-15 |
|
- |
Remitente |
Orixinal -
|
| 1955-07-18 |
|
- |
Remitente |
Orixinal -
|
| 1955-06-10 |
|
Caracas, Venezuela - |
Remitente |
Orixinal -
|
| 1955-05-23 |
|
- |
Remitente |
Orixinal -
|
| 1955-05-14 |
|
Caracas. Venezuela - |
Remitente |
Orixinal -
|
| 1964-05-05 |
|
- |
autoría |
Orixinal -
|
| 1955-02-13 |
|
Caracas - Montevideo |
Mencionado/a |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Ramiro Isla Couto a Lois Tobío Fernández, 1955. en 13/02/1955
RAMIRO ISLA-COUTO
Apartado, 1262
Caracas, 13 de Febreiro de 1955
Benquerido amigo e irmán Tobío:
Por correio aparte enviei-che o número de "Elite" e o Indice Literario do "El Universal", onde apareceron as túas colaboracións. Silvio está xestionando que che envien os cartos.
Cando se recibíu a primeira colaboración para "Elite", ista revista estábase vendendo, –a mercaron os donos do xornal "Ultimas Noticias", reialmente xa non había quen se ocupase de nada, os que saían porque se ían, e os que chegaban porque non sabían ren do asunto. Agora está Silvio, que era moi amigo dos que se foron, traballando a istes para que respeten o compromiso dos outros.
Silvio se encárrega que envíes máis colaboracións, para as duas publicacións, convén, asegún me dí, que teñan alí colaboracións, pois tendo publican aínda que digan que non lles intresa máis que unha ou duas veces por mes, pois as veces teñen o número monótono e tendo outro orixinal botan man d-il.
Silvio é o propietario da Publicidade Iberia i-encarguei-lle eu a do Thyocol, non tanto porque sexa un grande amigo meu, senón por eficacia, e non hai mais que ver as páxinas dos anuncios que publica iste e as que publicaba ARS, i-é que en Caracas non hai quen consiga a colocación do anuncio de maneira que o non coman os anuncios maiores, e procurando sempre que saia nas páxinas de menos publicidade. Eu vou a pregar-che o favor de que non prescindades d-il, primeiro por comenencia, por eficacia –en Xaneiro se venderon máis de 5.000 frascos, e no que vai de mes xa se chegou aos 2.000–, logo por boa persóa, servicial, gran amigo, e galego mañífico, e derradeiramente, por que o percisa, o por iso procura deixar a clientela contenta.
Eu remato como sabrás con Roche o día 28 e o primeiro de Marzo entro a traballar con Labrapia do Brasil, millor dito, unha empresa que representa a Labrapia e ten ademáis outros laboratorios. Cando cheguei de Montevideo no mes de Xuño, me fixo proposicións mellores que as que teño en Roche, e non aceptei porque non me parecía correcto regresar de pasar un mes de entrenamento por conta da cas, e largarme para outro lado. Cando estuvo eiquí Bowie, que chegou o mismo día que recibín a carta, lle dixen que non se preocupase, que eu atendería isto ata que chegase o meu sucesor, si o querían enviar antes, ou chegase dimpois por min non terían probrema, e n-isa ideia se foi, pero fun a saúdar ao que me fixera proposta, e sin decir-lle ren, voltou sobor do asunto e me ofreceu 2.500.- bs. de sueldo e transportes e gastos aparte. Naturalmente, aceptei de inmediato, como iste señor ten que irse ao eistranxeiro e debe de sír antes do 15 de Marzo, quere que comence o día 1º de Marzo e lle puxen un cable a Bowie dicíndo-lle que debía de comenzar n-isa fecha, pol-o tanto eu non podería estar un día máis. Iste cable cruzouse con un de Bowie no que lle comunicaba a axencia que me dixesen que continuase o mes de Marzo, na axencia sabían o meu compromiso e lle contestaron en tal senso. Cónto-che isto, or si se comentase ahí que eu non quixen prestar isa colaboración, que sepas que non foi mala ideia. Eu económicamente, salgo beneficiado por todas partes, cobro o despido que me corresponde, porque e de ley, e por riba me entran 300.- Bs. mensuales e 150.- ou 200.- que tiña que por do meu bolsillo con Roche, son casi 500.- bs. mensuales que é moito diñeiro en calquer parte. Estou molesto co a cousa moral, proque é inxusta e así llo vou a dicir, pero dend-o punto de vista económico quédo-lles agradecidísimo. Podes creermo, aínda que non llo diga a iles.
A miña direición será o apartado 1262 que é o de Silvio Santiago, o feito de que eu teña que deixar Roche, e excusado dicir que non ten nada que ver con as nosas relacións, que serán máis estreitas, porque seguramente, escribirei máis a miudo xa que o traballo meu futuro e moito máis liviano que o actual, e terei un tempo que non tuven agora.
Lembranzas garimosa aos teus e unha forte aperta do teu
Ramiro Isla Couto [sinatura autógrafa]
[Nota manuscrita na marxe esquerda do folio]:
Está Silvio traballando o faguer unha páxina galega de información nun xornal deiquí, para ver de que lla dean a Fole. Escríbelle n-ise senso e dalle a miña direición para uqe lle diga o que habería que faguer.
[sinatura autógrafa]
|
| 1954-11-10 |
|
Caracas - Montevideo |
Mencionado/a |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Ramiro Isla Couto a Lois Tobío Fernández, 1954. en 10/11/1954
RAMIRO ISLA-COUTO
APARTADO 1548
CARACAS
10 de noviembre de 1954
Benquerido irmán i-amigo:
Por correio aéreo enviei-che eixemprares do Suplemento Literario de "EL Universal" –o xornal de maior circulación en Caracas– e da revista "ELITE" a de maior difusión de Venezuela.
Conseguíuse de momento, e como proba, un artigo mensual en cada unha das prubricacións devanditas.
"El Universal" paga 45 bolívares (uns 15 dólares) e "Elite" entre 75 e 100 bolívares, según o intrés que teñan.
Para "El Universal" é preferibel o artigo corto e si é mester ilustral-o ten que sere con unha soia ilustración, salvo casos especiales. Silvio Santiago, un gran galego, dono da publicidade Iberia que é o que consigue isto, me encarrega che diga que convén lle busques tidoos ben "literarios", modernos, moi "inteleituales", pra iles é un oitenta por cento do éisito. Eu non sei si me eisprico ben, pero coido que me entendes perfeitamente.
En "Elite", revista esencialmente de familias, o éisito hai que buscal-o máis que nada entre as mulleres. Amores célebres, aventureiras e amantes da hestoria, etc. etc., enfín ti verás. Eiquí pódese ser máis longo e con varias ilustracións si fosen precisas.
Isto non é definitivo. Silvio estaba traballando a colaboración no "El Nacional", pero o que se encarrega das colaboracións anda de viaxe fai bastantes meses pol-o eistranxeiro, e como non acaba de chegar, ante a insistencia miña fixo istas xestións, que non perxudican nada as futuras, porque ista colaboración de agora sirve para darse a coñecer. Logo virán outras cousas.
E agora outra cousa. Che vou a enviar os dous derradeiros números de "Galicia" de Caracas. Pol-o adicado ao Dia de Galicia ollarás que Otero Pedrayo ía a vir a dar unhas conferencias e inviado pol-o Centro Galego ía a presidir os actos da Nosa Festa. As autoridades franquistas non-o deixaron vir porque dín que iste Centro é enemigo do réxime. Con tal motivo, vaise a publicar un número eistraordinario en homaxe a Otero. Pol-o entusiasmo que espertou en Galicia vai resultar unha cousa monumental, tanto, que o Centro Galego asustou-se ante o costo que lle supón, e como se fundou fai pouco tempo un Patronato da Cultura Galega, se fixo cárrego do asunto, e hai un entusiasmo tolo por levar a cabo a obra. Calcúlanse soio de Galiza unhos 50 traballos, que xa están chegando con fotos dibuxos etc.
Non queremos que falle a túa colaboración, tes tempo atá os primeiros dias de Decembro próusimo, pois pénsase metel-o na imprensa a segunda semán de dito mes.
E nada máis, non escribín antes porque estóu traballando como unha fera, visitando médicos, boticas, viaxando etc. e eiquí o traballo é moi duro, sobre tudo o de visita, e os transportes feitos un desastre, que se perde máis tempo n-isto que no demáis. Isto é o que me impide escribir-che. Esquecía-me, tamén che vou enviar os selos ofrecidos que os estou separando aos poucos.
Meus respetos a dona, agarimos aos pequenos e unha saudosa aperta do teu
Ramiro Isla Couto [sinatura autógrafa]
|
| 1961-12-14 |
|
Barcelona - Caracas |
Remitente |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Manuel Casado Nieto a Silvio Santiago en 14/12/1961
14/12/61
Sr. D. Manuel Casado Nieto
Barcelona
Querido Manolo:
Sabía da tua versión ó galego de algunhas partes da Biblia. Millor dito, ouvín falar, ou cecáis vin nalgún periódico algo sobor do asunto; pero desconocía os intríngules íntimos da edición. De tódolos xeitos, penso que levar do latín ó galego un libro tan universal categorizaría a nosa lingoa; penso, tamén, que non foi outro o criterio de Galaxia ó traducir e imprentar unha conferencia de Heidegger –«Da esencia da verdade»– da que non percibín unha palabra. Por elo, entendo que non debes abandoar o propósito. Sería unha pena. ¿Autorízasme a meterme nesa custión? Os de Galaxia son boa xente –do millor de Galicia– e coido que debe de haber un malentendido entre vos.
Hoxe mesmo mándoche certificados dous exemprares do meu libro. Galaxia acostuma a facer duas edicións. Unha máis rumbosas que a outra. Dos exemprares que recibas, o máis «rumboso» e pra vos. O outro, o máis probe –inda que a mín me gusta tanto–, vai destinado a calquer crítico galego amigo teu, por si atopa nél materia de comentario e queira comentalo. Neste caso, si algo aparece, mándamo pra miña colleita ou recolleita de comentarios.
Por eiquí, siguen aparecendo críticas, e con rara unanimidade, todas eloxiosas. Podes creerme que estóu aparvado. Eu penséi que o raio do libro non ía a merecer a atención de ninguén. Nin polo meu nome, nin polo nome do libro, e menos aínda polo seu contido. Incruso, en Informacións de Madrí, Concha Castroviejo falóu dél, i autro periodista do Alcázar, tamén. Os periódicos de Galicia, todos. Na Rexión, de Ourense, foi Don Vicente Risco quen o comentóu. No mesmo periódico, saíu hai tres días unha nova crítica de S. A., que non sei quen pode ser. Parece un libro embruxado; engatusa a toda cras de lectores: cultos e incultos, ricos e probes, homes e mulleres. Sinto vergonza en falarche esto; pero é así. ¡Con decirche que a mín tamén me está gustando!..
¡Home, convén que che diga que, apesares do éisito, non penses que en Galicia non se fala doutra cousa! Tamén se fala de Luis Suárez, de Katanga, da carestía da vida e de algunha custión máis. Pero, en fin, está dando que falar o seu entre a «imensa minoría» de lectores galegos. I abonda e sobra co dito; porque estóu a falar con tal descaro e impudor, que estou gabando a un amigo e non a mín mesmo.
A miña muller e máis eu celebramos, inda que tarde, o acontecimento da vosa nena. Non ten nada de estrano que seia bonita: a tua muller é fermosa e tú non eres moi feio.
Teño ganas de vos ver. ¿Cando será? Pensamos, pró ano que ven, dar unha volta por Venezuela; pero, denantes, quixera rematar unha novela ou cousa así, tamén en galego, que traio xa ben adiantada. É probábel que se chame «Historia dun home que pode ser outro». Unha novela serea, emocioante, máis ben dramática. O menos, que sea así, é o que eu penso.
Saúdos de todos nós pra vos todos. E pra tí, unha forte aperta.
|
| 1974-09-16 |
|
Ourense - Santiago de Compostela |
Mencionado/a |
Orixinal -
|
| 1960-12-07 |
|
Ourense - Lugo |
Mencionado/a |
Orixinal -
|