Teixeira de Pascoaes · Proxecto Epístola / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Versión de probas do Proxecto Epístola. Os contidos son os mesmos; estamos a probar unha nova forma de acceder a eles. Ir á versión actual

Teixeira de Pascoaes

Correspondente

Teixeira de Pascoaes

1877 (Amarante, Portugal) – 1952

Escritor portugués, cultivou principalmente a poesía. É un dos máis notables representantes do saudosismo. En 1901 rematou a carreira de dereito na Universidade de Coímbra pero tan só exerceu durante cerca de dez anos. Xunto a António Sérgio e Raul Proença foi un dos líderes do “Renacimento portugués” e lanzou en 1910 en Porto, xunto a Leonardo Coimbra e Jaime Cortesão, a revista “A Águia”, principal órgano do movemento.

Cartas escritas e recibidas

Por riba do eixe, as cartas que escribiu; por debaixo, as que recibiu. Preme nun período para ver esas cartas.