Proxecto Epístola

----

Luís Sánchez Mosquera (1893-1978)

1
Mencionado/a [1]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1965-09-18
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1965
Vigo - O Castro [parr. Osedo, conc. Sada]
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1965 en 18/09/1965

Vigo, 18/IX/1965
Sr. D. Isaac Díaz Pardo
Cerámicas do Castro

Querido Isaac:
Tan axiña como foi no meu poder a carta oficial do Centro e a particular de Villamarín, veume aos miolos o mesmo pensamento con que escomenzas a túa carta. Non quixen dicilo a ninguén, agás o meu fillo, para que a xente non tome posicións antes de tempo. Pedín o regramento do Congreso a Sánchez Mosquera, precisamente para conocer se a cooficialidade se silencia, como sospeito, e poder colocar a cuestión ao primeiro envite.
A ponencia que mandaron, e supoño composta por Luís, encaixa no Mensaxe. A doctrina será a que sosteñamos no Congreso, e coido que teremos a confianza dos demais centros de emigrados galegos.
En canto ás manifestacións de acatamento ao poder, coido que o mellor será tentar que as deixen para o final, en Madrid, onde a representación nosa non teña presenza. Noutro caso, haberá que poñerse fóra mentres os incondicionais fan o seu rito.
Penso que ti deberías vir a Santiago os días do Congreso. Supoño que xa conocerás ese artigo de Borobó. Aínda así, recorteino para que fagas del o que queiras.
O do «Faro», se puidera ser máis longo e menos acomodado ao crima actual da Casa, tería o contido que ti botas de menos. Cecais se poida reincidir, ou o poida facer Eduardo Blanco Amor , que anda por Lugo nestes días.
Lembranzas a Mimina e aos mozos, coa máis forte aperta para ti de,

Valentín