No ano 2015 con motivo do centenario de nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez, o Consello da Cultura Galega asinou un protocolo de colaboración coa familia deste destacado escritor galego para levar a cabo a dixitalización da súa correspondencia que está depositada no seu arquivo persoal. Este fondo consta de máis de 700 cartas, a maior parte delas dirixidas ao escritor, non se conservan apenas copias das cartas emitidas por el. Entre os case 200 correspondentes destacan os grupos de cartas recibidas de figuras senlleiras da cultura galega como Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero e de persoeiros da cultura portuguesa como Manuel Rodrigues Lapa ou Manuel Oliveira Guerra.
A correspondencia, mes a mes
Por riba do eixe, as cartas escritas por Xosé María Álvarez Blázquez; por debaixo, as que recibiu. As zonas grises son silencios longos. Preme nun mes para ver as cartas dese ano.
Calendario
Cada cadro é un mes; canto máis escuro, máis cartas.
Correspondentes 3
Persoas mencionadas 20
Preme nun nome para ver as cartas que o mencionan. O número indica cantas.






