TEMÁTICA: Álbum Nós
Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa
O Álbum Nós é unha colección dixital de biografías de persoas vencelladas dunha ou outra forma á revista Nós. Con esta iniciativa de carácter divulgativo, o Consello da Cultura Galega súmase neste ano 2020 ás conmemoracións polo centenario desta histórica cabeceira, un proxecto clave para a dignificación e modernización da cultura galega.Cada quince días este Álbum irá sumando, sen pretensión de exhaustividade, máis de medio cento de entradas que, integradas no Álbum de Galicia, farán visible o labor dun grupo de intelectuais que fixeron realidade tan ambiciosa empresa. Preténdese así dar a coñecer figuras se cadra menos coñecidas pero non por iso menos determinantes no éxito da revista e, ao tempo, poñer o foco nos vencellos que tiveron con Nós persoeiros xa ben coñecidos pola súa obra literaria, plástica ou investigadora.
8
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
| 1909-07-08 | Carta de Salvador Cabeza de León a Ángel del Castillo López (8 de xullo de 1909) |
Santiago de Compostela - A Coruña | epístola | Orixinal - |


