Proxecto Epístola

----

TEMÁTICA: Farsa das zocas

Pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero que conta unha lea familiar polos cartos e que se presenta nunha lectura dramatizada polo Día das Letras Galegas.

Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho, a quen entrevistamos para este especial. Ademais, ofrecemos un pequeno agasallo: un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as personaxes recreadas por Carballo Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Carballo Calero.


Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1950-12-19
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1950)
Lugo - Santiago de Compostela
epístola Orixinal -