Entidade: Partido Socialista Galego

Entidade: Partido Socialista Galego [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1979-02-01
Carta de Palmás a Seoane. 1979
Ver [Carta mecanografada co membrete de Iberia na marxe inferior:] A bordo de un avión de IBERIA

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1979 en 01/02/1979


Londres, 1 de febreiro de 1979

Benquerido Seoane:

Perdoe o meu atraso en respostar a sua carta e en agradecerlle Imágenes de Galicia. O livro gostoume ben. Todas as xilografías forman un afresco histórico do país. Polo menos así o sinto eu. E non esclúo as lendas –eruditas ou populares– e a paisaxe, núltima instancia elas tamén son produto de situacións concretas e, alén da poesía que podan encerrar, cumpriron unha función.
Non sei se ésta chegará a tempo dantes da sua saida para Galicia, espero que si. A súa doación é, sen dúvida, outro sinal máis, por se facia falla, da súa xenerosidade e fidelidade ao país.
Pola miña banda ando mui enredado polo traballo. Teño que por en castelán o Formação do Brasil contemporâneo de Caio Prado Junior para a Biblioteca Ayacucho de Caracas. A obra é ben interesante ainda que escrita cos pés, o que acrescenta os problemas de tradución. Sei que o Lorenzo Varela estaba facendo algo para ela, mas ignoro se o probe chegou a rematalo.
Soupen da morte del polo Fernando Pérez Barreiro, coa natural sorpresa e tristura. Falei coa Inés, quen me contou o que pasara. Algo verdadeiramente absurdo. Nestes días apareceu en El País o artigo que estaba a escribir sobre A galecidade na obra de Guimarães Rosa do Paz Andrade. Leva unha introdución dese voso amigo uruguaio que traballa no xornal. Non me podo lembrar o nome.
Supoño que lle cadrará estar en Galicia para as eleicións próximas. Non teño nengunha esperanza acerca dos resultados. Hai uns días sairon as candidaturas. O Paz Andrade postulase para o Senado como independente. O Iglesias Corral por UCD d-A Coruña. O C. E. Ferreiro ía por Ourense nas listas do PSOE, mais agora non vai. Hai unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego (Camilo Nogueira), os restos do PSG e o recentemente formado Partido Galeguista. Ainda non o sei, pro coido que lles darei o meu voto, mais do que nada para contribuir a un intento de forza política non submetida a Madrí.

Unha forte aperta para Vd. e Maruxa e o meu desexo dunha boa viaxe e estancia na Terra.

Ricardo Palmás


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaAgra Romero, María XoséCabanas, ConstantinoDíaz Pardo, IsaacFernández Albor, GerardoBarreiro Rivas, Xosé LuísCastelao, García-Sabell, DomingoBlanco Campaña, Xose LuísFraga, ManuelCañas, PilarVarela, LorenzoPerón, Juan DomingoScheimberg, SimónPaz-Andrade, ValentínRosón, AntonioDieste, RafaelVelo Mosquera, XoséVázquez, FranciscoPiñeiro, RamónMurguía, ManuelFernández Lores, Miguel AnxoSofovich, BernardoPicasso, PabloFalcini, LuísPita, LuisGonzález Laxe, FernandoMontero Díaz, SantiagoDónega, MarinoFernández del Riego, FranciscoPeña, Marina de laRajoy, MarianoLaxeiro, Cabeza de León, SalvadorArias “Mimina”, CarmenQuiroga Suárez, JoséGerstein, MarikaAlberti, RafaelLifschitz, RafaelCuiña, XoseShand, WilliamLanusse, Alejandro AgustínBeiras, Xosé ManuelGonzález Mariñas, PabloDíaz Dorado, DiegoGómez Román, ManuelFaraldo, AntolínMarfany, EnriqueSuárez, Adolfo Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galiciaentrevista Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesxustizaensinofeminismofilosofíaMulleresMulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisnacionalismoFondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transiciónhistoriaacción políticaespazos artísticosasuntos particularesprensa escritaautores/asmigraciónseconomíaemigraciónorganizaciónsmedios de comunicaciónParlamento de GaliciaProcesos electoraisEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981nacionalismo galegoeducaciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanegaleguismoindustriaelecciónsA nova SargadelosexilioensaioperonismoarquitecturaculturasindicalismoTransiciónEleccións ao Parlamento de Galicia. 1981socioloxía“cartografías” do Álbum de mullerescinereconversión navalExposición de Luís Seoane. Madrid. 1973sociedade

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0