Entidade: Asociación Cultural de Vigo

Entidade: Asociación Cultural de Vigo [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1975-10-29
Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1975
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Pereira Caamaño a Seoane. 1975 en 29/10/1975


Vigo, 29 de outono de 1975

Sr. D. Luis Seoane
Paseo de Ronda, 15-6º
A CRUÑA

Meu apreciado irmán:

Dende que cheguei (pasando por aquel día tan tristeiro do homaxe a Castelao), non atopo acougo. Matino, ás vegadas, que sería o máis axeitado voltar ao Uruguai. E outras, pousarme, pra sempre, en Galicia.
Pro, denantes, necesito decirlle que participei no aito de Rianxo por unha razón, que coido de moito peso. Estaba alí representando a unha Sociedade, o Patronato da Cultura Galega, con quen tiña a obriga morae (dixen morae, posto co viaxe leiveno a cabo pola miña conta) de entregar o busto ao pobo de Rianxo, logo de cumprirse coas esixencias mínimas que impuxéramos; descoberta do moimento coa bandeira galega, as intervencións en idioma galego e a interpretación, somente, do hino galego. Pro craro, eu tiña prena concencia de que iso non abondaba. Eu ben sabía que aínda non se deran as condiciós ouxetivas pra facer o homaxe (o grande e popular homaxe) que se merece Castelao. Que nalgún presentido día se lle fará, pra honra da Galicia emigrada e da Galicia metropolitán. E logo, na mesma xornada, aquelas mortes, que se me antoxan cheas de agoiros, de premonicións, pros verdugos... Falei, pois, baleiramente. Sen saber, a cencia certa, o que decir. Sin forza. Sin o pulo interior máis axeitado. En fin, todas estas ferintes, lacerantes refresións, matino expoñelas na charliña que darei o vindeiro 7 de San Martiño na Asociación Cultural de Vigo (Entidade, por certo, que se opuxera ao devandito homaxe), baixo o tíduo de A emigración galega no Uruguay. Daquela, o meu esprito, cecais, pousarase algo.
Cando lle fixen a chamada por teléfono, era pra ver a posibilidade de acadar, no xornal A Voz de Galicia, algunha posibilidade de traballo alí. Coido que podía faguer unha laboura de colaboración, vencellando a presencia da emigración galega no Uruguai (unha modalidade de etnia) coa Terra Nai. Si houbera icomenentes no orde económico, estou disposto a realizar a tarefa gratis. Dígame, con sinceiridade, si elo é posíbel. Namentras, con saúdos moi garimosos pra Maruxa, reciba unha aperta fonda.

Pereira


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández Albor, Gerardo;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Castelao, ;  García-Sabell, Domingo;  Fraga Iribarne, Manuel;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Murguía, Manuel;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Sofovich, Bernardo;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  Pita, Luis;  González Laxe, Fernando;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Fernández del Riego, Francisco;  Peña, Marina de la;  Rajoy, Mariano;  Laxeiro, ;  Cabeza de León, Salvador;  Arias “Mimina”, Carmen;  Quiroga Suárez, José;  Gerstein, Marika;  Alberti, Rafael;  Tobío Fernández, Lois;  Lifschitz, Rafael;  Cuiña, Xose;  Shand, William;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Rama, Carlos M.;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Díaz Dorado, Diego;  Gómez Román, Manuel;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0