Entidade: Biblioteca Ayacucho de Caracas

Entidade: Biblioteca Ayacucho de Caracas [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1979-02-01
Carta de Palmás a Seoane. 1979
Ver [Carta mecanografada co membrete de Iberia na marxe inferior:] A bordo de un avión de IBERIA

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1979 en 01/02/1979


Londres, 1 de febreiro de 1979

Benquerido Seoane:

Perdoe o meu atraso en respostar a sua carta e en agradecerlle Imágenes de Galicia. O livro gostoume ben. Todas as xilografías forman un afresco histórico do país. Polo menos así o sinto eu. E non esclúo as lendas –eruditas ou populares– e a paisaxe, núltima instancia elas tamén son produto de situacións concretas e, alén da poesía que podan encerrar, cumpriron unha función.
Non sei se ésta chegará a tempo dantes da sua saida para Galicia, espero que si. A súa doación é, sen dúvida, outro sinal máis, por se facia falla, da súa xenerosidade e fidelidade ao país.
Pola miña banda ando mui enredado polo traballo. Teño que por en castelán o Formação do Brasil contemporâneo de Caio Prado Junior para a Biblioteca Ayacucho de Caracas. A obra é ben interesante ainda que escrita cos pés, o que acrescenta os problemas de tradución. Sei que o Lorenzo Varela estaba facendo algo para ela, mas ignoro se o probe chegou a rematalo.
Soupen da morte del polo Fernando Pérez Barreiro, coa natural sorpresa e tristura. Falei coa Inés, quen me contou o que pasara. Algo verdadeiramente absurdo. Nestes días apareceu en El País o artigo que estaba a escribir sobre A galecidade na obra de Guimarães Rosa do Paz Andrade. Leva unha introdución dese voso amigo uruguaio que traballa no xornal. Non me podo lembrar o nome.
Supoño que lle cadrará estar en Galicia para as eleicións próximas. Non teño nengunha esperanza acerca dos resultados. Hai uns días sairon as candidaturas. O Paz Andrade postulase para o Senado como independente. O Iglesias Corral por UCD d-A Coruña. O C. E. Ferreiro ía por Ourense nas listas do PSOE, mais agora non vai. Hai unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego (Camilo Nogueira), os restos do PSG e o recentemente formado Partido Galeguista. Ainda non o sei, pro coido que lles darei o meu voto, mais do que nada para contribuir a un intento de forza política non submetida a Madrí.

Unha forte aperta para Vd. e Maruxa e o meu desexo dunha boa viaxe e estancia na Terra.

Ricardo Palmás


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Agra Romero, María Xosé;  Cabanas, Constantino;  Díaz Pardo, Isaac;  Barreiro Rivas, Xosé Luís;  Fernández Albor, Gerardo;  Castelao, ;  Blanco Campaña, Xose Luís;  García-Sabell, Domingo;  Fraga Iribarne, Manuel;  Cañas, Pilar;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Perón, Juan Domingo;  Scheimberg, Simón;  Paz-Andrade, Valentín;  Rosón, Antonio;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Piñeiro López, Ramón;  Sofovich, Bernardo;  Fernández Lores, Miguel Anxo;  Murguía, Manuel;  Picasso, Pablo;  Falcini, Luís;  González Laxe, Fernando;  Pita, Luis;  Montero Díaz, Santiago;  Dónega, Marino;  Fernández del Riego, Francisco;  Peña, Marina de la;  Laxeiro, ;  Rajoy, Mariano;  Cabeza de León, Salvador;  Arias “Mimina”, Carmen;  Quiroga Suárez, José;  Gerstein, Marika;  Tobío Fernández, Lois;  Lifschitz, Rafael;  Alberti, Rafael;  Beiras, Xosé Manuel;  González Mariñas, Pablo;  Cuiña, Xose;  Lanusse, Alejandro Agustín;  Shand, William;  Rama, Carlos M.;  Díaz Dorado, Diego;  Gómez Román, Manuel;  Faraldo, Antolín;  Temáticas: Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  entrevista;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  xustiza;  ensino;  feminismo;  filosofía;  Mulleres;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  nacionalismo;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  historia;  acción política;  espazos artísticos;  asuntos particulares;  prensa escrita;  autores/as;  migracións;  economía;  emigración;  organizacións;  medios de comunicación;  Parlamento de Galicia;  Procesos electorais;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  nacionalismo galego;  educación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  galeguismo;  industria;  eleccións;  exilio;  A nova Sargadelos;  ensaio;  peronismo;  arquitectura;  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  cultura;  sindicalismo;  Transición;  Eleccións ao Parlamento de Galicia. 1981;  socioloxía;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  cine;  reconversión naval;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0