Persoa: Ramón Rey Baltar [2]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1939-00-00 | Ramón Rey Baltar, Padrón (1882) - Gerli, Arxentina (1969) |
Ver
Transcripción da Ramón Rey Baltar, Padrón (1882) - Gerli, Arxentina (1969) en 00/00/1939Este médico de profesión emigrou a Bos Aires en 1914 e integrouse en varias asociacións da colectividade. Moi vinculado coa defensa da República e do galeguismo, en 1939 a Central Galega d'Axuda ao Frente Popular Hespañol publicou este poemario que trata o drama da Guerra Civil e as terribles consecuencias que están a sufrir os partidarios da República. A gaita a falare está considerado o primeiro libro galego de poesía civil no exilio e conta con ilustracións de Castelao, Manuel Colmeiro e Luís Seoane, autor desta ilustrativa cuberta. Os beneficios da súa venda foron destinados á compra de víveres e roupa para enviar ás forzas republicanas.
|
| 2022-00-00 | Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. |
Ver
Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. en 00/00/2022Este libro fora publicado en 1943 na capital mexicana por iniciativa do Partido Galeguista. Trátase dunha antoloxía de textos poéticos cos que se quería homenaxear aos “compañeiros caídos na Guerra Civil española”. O editor literario desta obra colectiva foi Florencio Delgado Gurriarán, quen achegou catorce poemas da súa autoría. Tamén colaboraron Ramón Cabanillas Álvarez, fillo do poeta, Emilio Pita, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Bieito Búa Rivas e Ramón Rey Baltar, todos asinando con pseudónimos. Hai tamén un poema de Concepción Lamas Barreiro (Chita Lamas), considerada polo profesor Xesús Alonso Montero como a primeira voz feminina do exilio galego.
|


