Temática: exilio galego

Temática: exilio galego [8]

Data Material Ver
Data Material Ver
1939-07-04
Poema de Florencio Delgado Gurriarán no xornal El Compostelano. 1939
1939-09-04
Poema «Romanzo da terra doente» de Delgado Gurriarán
1949-00-00
Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987)
Ver

Transcripción da Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) en 00/00/1949

Esta antoloxía xurdiu nun certame literario convocado pola Federación de Sociedades Gallegas, (FSG), no que participaron escritores exiliados ben coñecedores da poesía universal e das linguas orixinais nas que foran escritas. Entre eles Lois Tobío, destacado galeguista, tradutor e xornalista exiliado en Montevideo, Florencio Delgado Gurriarán dende México e Plácido Ramón Castro del Río dende Inglaterra. A calidade dos seus traballos levou á Federación a publicalos como unha obra colectiva que saíu do prelo en 1949. Contaba coa tradución de 57 textos poéticos, dos cales 24 eran obra de Plácido Castro, 13 de Gurriarán e 20 de Lois Tobío. Na nómina de autores traducidos figuran os escritores románticos ingleses Shelley, Keats, Tennyson e Longfellow e os franceses Baudelaire, Verlaine, Paul Bourget, Rimbaud, René Laporte e Louise de Vilmorin, entre outros. No limiar, redactado por Tobío, deféndese que a lingua e a literatura galegas se enriquecen polo contacto con outras literaturas pois “a voz de Galicia ten que se ouvir no mundo e as do mundo en Galicia”. Esta obra serviu para divulgar a moitos destes poetas entre os e as galegas.


1952-00-00
Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979)
Ver

Transcripción da Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979) en 00/00/1952

O seu autor, Luís Seoane, foi o paradigma do intelectual polifacético, unha das personalidades máis activas e creativas da nosa cultura. Como defensor da integración de todas as artes, destacou en todas as iniciativas que emprendeu: pintor, debuxante e ilustrador; editor; escritor: poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta ou crítico literario; e promotor de multitude de iniciativas a prol da cultura galega.
A súa obra poética iniciouse en 1952 coa publicación de Fardel de eisilado, libro en que relata, dende a súa visión máis persoal, a epopea anónima da emigración galega e do exilio, vítimas da situación sociopolítica que se estaba a vivir. Considerado como a primeira obra de poesía social da posguerra, é un libro icónico da lírica galega cheo de ideais sociais e artísticos, no que prevalece unha linguaxe prosaica con remorsos épicos.


1953-08-26
O poema titulado «A cadea» de Delgado Gurriarán aparece publicado no centro da páxina 7 do xornalEl pueblo gallego: rotativo de la mañana. 1953
1967-00-00
Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007)
Ver

Transcripción da Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007) en 00/00/1967

Alejandro Campos Ramírez foi máis coñecido como "Alejandro Finisterre", nome que toma da súa vila natal. Exiliado en Francia e despois en Ecuador, Guatemala e México, foi poeta, editor, xornalista e inventor, sendo coñecido popularmente por crear o xogo de mesa do futbolín. Na súa frutífera época mexicana dedicouse ás artes gráficas e á edición. Fundou e dirixiu a Editorial Finisterre Impresora, dende a que editou a revista do Centro Galego de México e unha antoloxía de libros de poesía de autores exiliados españois e escritores americanos, como León Felipe –de quen foi testamenteiro literario–, Juan Larrea, Francisco Ayala, Américo Castro, Max Aub, María Teresa León, Ernesto Cardenal etc.
Outro dos seus proxectos foi a edición de Compostela. Revista de Galicia. O número 1, o único publicado, é un volume de 908 páxinas, ricamente ilustrado, que contén vinte traballos –ensaios, poemas, críticas literarias...–, entre os que podemos destacar un artigo de Luisa Carnés sobre Rosalía de Castro e a edición case completa de Cantares gallegos como apéndice; o Paralelo de las lenguas castellana y francesa do Padre Feijóo, cunha análise de Amancio Bolaño; ou a reprodución fotográfica da Colección de estampas..., gravados de Pietro Bombelli sobre a vida do franciscano frei Sebastián de Aparicio, impresas en México en 1789.


2021-10-14
Versión rock do «Romanzo da terra doente», de Xermán Son
2022-00-00
Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al.
Ver

Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. en 00/00/2022

Este libro fora publicado en 1943 na capital mexicana por iniciativa do Partido Galeguista. Trátase dunha antoloxía de textos poéticos cos que se quería homenaxear aos “compañeiros caídos na Guerra Civil española”. O editor literario desta obra colectiva foi Florencio Delgado Gurriarán, quen achegou catorce poemas da súa autoría. Tamén colaboraron Ramón Cabanillas Álvarez, fillo do poeta, Emilio Pita, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Bieito Búa Rivas e Ramón Rey Baltar, todos asinando con pseudónimos. Hai tamén un poema de Concepción Lamas Barreiro (Chita Lamas), considerada polo profesor Xesús Alonso Montero como a primeira voz feminina do exilio galego.
O Consello da Cultura Galega realizou unha edición facsimilar deste libro como homenaxe ao poeta Florencio Delgado Gurriarán e nomeadamente a todos os exiliados republicanos. Pódese consultar esta obra na súa páxina web.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Fernández, Santiago;  Avilés de Taramancos, Antón;  Díaz, Avelino;  Mateo, Sesé;  Bouza Brey, Fermín;  Casas Vales, Arturo;  García Lorca, Federico;  Fariña Cobián, Herminia;  Maiztegui, Isidro B.;  Seoane, Xavier;  Villar, Miro;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Vázquez Iglesias, Pura;  Velo Mosquera, Xosé;  Navaza Blanco, Gonzalo;  Piñeiro López, Ramón;  Kruckenberg, María do Carme;  Fernández del Riego, Francisco;  Sánchez Iglesias, Cesáreo;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Torres Fernández, Xohana;  Afonso o Sabio, X de Castela e IX de León-Galicia, ;  Campio Pereira, Víctor;  Castro, Rosalía de;  Fraga, Modesto;  Lopo, Antón;  Paz-Andrade, Valentín;  Villar Janeiro, Helena;  García-Sabell, Domingo;  Ruiz, Javier;  Molina, César Antonio;  Rey Baltar, Ramón;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  López-Casanova, Arcadio;  Tovar, Antón;  Castillo, Julia;  Alonso Mateo, Joshua;  Álvarez Torneiro, Manuel;  Casares, Carlos;  Fernán Vello, Miguel Anxo;  Rilo, Pachola;  Vilanova, Manuel;  Tobío Fernández, Lois;  Fonte, Ramiro;  Pita, Emilio;  Blanco Santiago, Carlos;  Miranda, Xosé;  Garrido, Emilio;  Raña Lama, Román;  Crespo, Ángel;  Temáticas: literatura;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  emigración;  Mulleres;  sociedade;  violencia;  música;  Álbum Nós;  biografía;  Mulleres no Álbum de Galicia;  autores/as;  exilio galego;  Historias de ida e volta;  A literatura galega da posguerra en Ámerica ;  artes;  entrevista;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  migracións;  lingua;  cantiga;  Afonso X e Galicia [CCG];  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  asuntos particulares;  Guerra Civil española (1936-1939);  identidade;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  radio;  patrimonio cultural;  guerra;  amor;  tradución;  identidade cultural;  Tirano Banderas;  La anunciación de Valle-Inclán;  Nadal [festa];  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Sementeira do vento;  Colección: Valentín Paz-Andrade e Guilherme de Almeida ;  Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-Andrade;  O fío de Penélope;  Álbum de Galicia;  conferencias;  lingua galega;  obra literaria;  Obra poética [libro de Seoane];  familia;  formación;  retorno; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0