Temática: A literatura galega da posguerra en Ámerica

Temática: A literatura galega da posguerra en Ámerica [7]

Data Material Ver
Data Material Ver
1939-00-00
Ramón Rey Baltar, Padrón (1882) - Gerli, Arxentina (1969)
Ver

Transcripción da Ramón Rey Baltar, Padrón (1882) - Gerli, Arxentina (1969) en 00/00/1939

Este médico de profesión emigrou a Bos Aires en 1914 e integrouse en varias asociacións da colectividade. Moi vinculado coa defensa da República e do galeguismo, en 1939 a Central Galega d'Axuda ao Frente Popular Hespañol publicou este poemario que trata o drama da Guerra Civil e as terribles consecuencias que están a sufrir os partidarios da República. A gaita a falare está considerado o primeiro libro galego de poesía civil no exilio e conta con ilustracións de Castelao, Manuel Colmeiro e Luís Seoane, autor desta ilustrativa cuberta. Os beneficios da súa venda foron destinados á compra de víveres e roupa para enviar ás forzas republicanas.


1949-00-00
Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987)
Ver

Transcripción da Obra colectiva de Lois Tobío Fernández, Viveiro (1906) - Madrid (2003); Plácido R. Castro del Río, Corcubión (1902) - Cambados (1967) e Florencio Delgado Gurriarán Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) en 00/00/1949

Esta antoloxía xurdiu nun certame literario convocado pola Federación de Sociedades Gallegas, (FSG), no que participaron escritores exiliados ben coñecedores da poesía universal e das linguas orixinais nas que foran escritas. Entre eles Lois Tobío, destacado galeguista, tradutor e xornalista exiliado en Montevideo, Florencio Delgado Gurriarán dende México e Plácido Ramón Castro del Río dende Inglaterra. A calidade dos seus traballos levou á Federación a publicalos como unha obra colectiva que saíu do prelo en 1949. Contaba coa tradución de 57 textos poéticos, dos cales 24 eran obra de Plácido Castro, 13 de Gurriarán e 20 de Lois Tobío. Na nómina de autores traducidos figuran os escritores románticos ingleses Shelley, Keats, Tennyson e Longfellow e os franceses Baudelaire, Verlaine, Paul Bourget, Rimbaud, René Laporte e Louise de Vilmorin, entre outros. No limiar, redactado por Tobío, deféndese que a lingua e a literatura galegas se enriquecen polo contacto con outras literaturas pois “a voz de Galicia ten que se ouvir no mundo e as do mundo en Galicia”. Esta obra serviu para divulgar a moitos destes poetas entre os e as galegas.


1952-00-00
Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979)
Ver

Transcripción da Luís Seoane, Bos Aires (1910) - A Coruña (1979) en 00/00/1952

O seu autor, Luís Seoane, foi o paradigma do intelectual polifacético, unha das personalidades máis activas e creativas da nosa cultura. Como defensor da integración de todas as artes, destacou en todas as iniciativas que emprendeu: pintor, debuxante e ilustrador; editor; escritor: poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta ou crítico literario; e promotor de multitude de iniciativas a prol da cultura galega.
A súa obra poética iniciouse en 1952 coa publicación de Fardel de eisilado, libro en que relata, dende a súa visión máis persoal, a epopea anónima da emigración galega e do exilio, vítimas da situación sociopolítica que se estaba a vivir. Considerado como a primeira obra de poesía social da posguerra, é un libro icónico da lírica galega cheo de ideais sociais e artísticos, no que prevalece unha linguaxe prosaica con remorsos épicos.


1954-00-00
Antón Zapata García, Laxe (1886) - Bos Aires (1953)
Ver

Transcripción da Antón Zapata García, Laxe (1886) - Bos Aires (1953) en 00/00/1954

Antón Zapata emigrou con 17 anos cara a Arxentina, onde transcorreu toda a súa vida, sempre estrañando a súa terra e o seu mar. Foi un dos grandes poetas da colectividade emigrada en Bos Aires. Á súa chegada comezou a compoñer versos e a escribir artigos, con preferencia de temas nacionalistas, nas principais cabeceiras da prensa da colectividade. Converteuse nun referente como poeta, participando asiduamente nos actos culturais das entidades galegas nos anos 30 e 40. En 1954, tras a súa morte, a editorial coruñesa Roel publica o seu único libro, A roseira da soidade. A edición estivo supervisada polo autor e consta de 72 poemas, de moi diversas épocas, algúns xa publicados en xornais pero corrixidos ou ampliados e outros moitos inéditos. O libro foi prologado por Ramón Otero Pedrayo e a cuberta é obra de Manuel Abelenda. A poesía de Antón Zapata está chea de referencias ao mar, aos mariñeiros e aos costumes da costa galega, nomeadamente da súa Costa da Morte natal.


1967-00-00
Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007)
Ver

Transcripción da Alejandro Finisterre, Fisterra (1919) - Zamora (2007) en 00/00/1967

Alejandro Campos Ramírez foi máis coñecido como "Alejandro Finisterre", nome que toma da súa vila natal. Exiliado en Francia e despois en Ecuador, Guatemala e México, foi poeta, editor, xornalista e inventor, sendo coñecido popularmente por crear o xogo de mesa do futbolín. Na súa frutífera época mexicana dedicouse ás artes gráficas e á edición. Fundou e dirixiu a Editorial Finisterre Impresora, dende a que editou a revista do Centro Galego de México e unha antoloxía de libros de poesía de autores exiliados españois e escritores americanos, como León Felipe –de quen foi testamenteiro literario–, Juan Larrea, Francisco Ayala, Américo Castro, Max Aub, María Teresa León, Ernesto Cardenal etc.
Outro dos seus proxectos foi a edición de Compostela. Revista de Galicia. O número 1, o único publicado, é un volume de 908 páxinas, ricamente ilustrado, que contén vinte traballos –ensaios, poemas, críticas literarias...–, entre os que podemos destacar un artigo de Luisa Carnés sobre Rosalía de Castro e a edición case completa de Cantares gallegos como apéndice; o Paralelo de las lenguas castellana y francesa do Padre Feijóo, cunha análise de Amancio Bolaño; ou a reprodución fotográfica da Colección de estampas..., gravados de Pietro Bombelli sobre a vida do franciscano frei Sebastián de Aparicio, impresas en México en 1789.


1972-00-00
Emilio Pita, A Coruña (1909) - Bos Aires (1981)
Ver

Transcripción da Emilio Pita, A Coruña (1909) - Bos Aires (1981) en 00/00/1972

Emilio Pita Robelo emigrou con doce anos ao Río da Prata. De formación autodidacta, foi un poeta e musicólogo moi recoñecido no seo da colectividade. Coa proclamación da II República volveu a Galicia, onde tomou contacto co Partido Galeguista e o nacionalismo galego.
Tras o seu regreso a Bos Aires, en 1942 publicou Jacobusland, o seu primeiro libro de poemas, que conta con ilustracións de Castelao. Trátase dun libro que pon de relevo a traxedia da Guerra Civil en Galicia, inmerso nunha nostálxica visión da natureza galega e de gran riqueza poética. Foi considerado por moitos como o primeiro libro testemuño da Guerra civil.
En 1972 Ediciós do Castro realizou unha edición facsimilar desta obra para a súa difusión na nosa terra.


2022-00-00
Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al.
Ver

Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. en 00/00/2022

Este libro fora publicado en 1943 na capital mexicana por iniciativa do Partido Galeguista. Trátase dunha antoloxía de textos poéticos cos que se quería homenaxear aos “compañeiros caídos na Guerra Civil española”. O editor literario desta obra colectiva foi Florencio Delgado Gurriarán, quen achegou catorce poemas da súa autoría. Tamén colaboraron Ramón Cabanillas Álvarez, fillo do poeta, Emilio Pita, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Bieito Búa Rivas e Ramón Rey Baltar, todos asinando con pseudónimos. Hai tamén un poema de Concepción Lamas Barreiro (Chita Lamas), considerada polo profesor Xesús Alonso Montero como a primeira voz feminina do exilio galego.
O Consello da Cultura Galega realizou unha edición facsimilar deste libro como homenaxe ao poeta Florencio Delgado Gurriarán e nomeadamente a todos os exiliados republicanos. Pódese consultar esta obra na súa páxina web.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Fernández, SantiagoAvilés de Taramancos, AntónDíaz, AvelinoMateo, SeséBouza Brey, FermínCasas Vales, ArturoGarcía Lorca, FedericoFariña Cobián, HerminiaMaiztegui, Isidro B.Seoane, XavierVillar, MiroDelgado Gurriarán, FlorencioVázquez Iglesias, PuraVelo Mosquera, XoséNavaza Blanco, GonzaloPiñeiro, RamónKruckenberg, María do CarmeFernández del Riego, FranciscoSánchez Iglesias, CesáreoLapa, Manuel RodriguesTorres, XohanaAfonso o Sabio, X de Castela e IX de León-Galicia, Campio Pereira, VíctorCastro, Rosalía deFraga, ModestoLopo, AntónPaz-Andrade, ValentínVillar Janeiro, HelenaGarcía-Sabell, DomingoRuiz, JavierMolina, César AntonioRey Baltar, RamónFerreiro, Celso EmilioLópez-Casanova, ArcadioTovar, AntónCastillo, JuliaAlonso Mateo, JoshuaÁlvarez Torneiro, ManuelCasares, CarlosFernán Vello, Miguel AnxoRilo, PacholaVilanova, ManuelTobío Fernández, LoisFonte, RamiroPita, EmilioBlanco Santiago, CarlosMiranda, XoséGarrido, EmilioRaña, RománCrespo, Ángel Temáticas: literaturaÁlbum de GaliciaFondos de Radio Nacional de España en GaliciaemigraciónMulleressociedadeviolenciamúsicaÁlbum NósbiografíaMulleres no Álbum de Galiciaautores/asexilio galegoHistorias de ida e voltaA literatura galega da posguerra en Ámerica artesentrevistaFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolmigraciónslinguacantigaAfonso X e Galicia [CCG]Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalasuntos particularesGuerra Civil española (1936-1939)identidade“cartografías” do Álbum de mulleresradiopatrimonio culturalguerraamortraduciónidentidade culturalTirano BanderasLa anunciación de Valle-InclánNadal [festa]Colección: Paulo Rónai con Paz-AndradeSementeira do vento Colección: Valentín Paz-Andrade e Guilherme de Almeida Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-AndradeO fío de PenélopeÁlbum de Galiciaconferenciaslingua galegaobra literariaObra poética [libro de Seoane]familiaformaciónretorno

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0