Persoa: Nélida Piñón

Persoa: Nélida Piñón [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega
Ver

Transcripción da Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega

Nélida Cuíñas Piñón naceu en Río de Xaneiro no ano 1937. É descendente de galegos polos catro costados. De pai galego e nai carioca, filla de galegos. Daniel Cuíñas Cuíñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente extraordinario para esta recoñecida escritora. O coñecemento do “mundo galego”, como ela mesma sinala, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade híbrida que tanto enriquece a alma. Na súa nenez Nélida viaxa a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualifica este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conserva aínda na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcaría parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro La república de los sueños (1984), no que recrea o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal.
En 1957 obtén o título de Licenciada en Xornalismo pola Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro. Desde entón a súa carreira profesional non fixo máis que subir chanzos cara ao éxito absoluto e transcendente. Comeza o seu labor como correspondente na revista Mundo Nuevo e a súa colaboración na revista Cadernos Brasileiros. No mundo literario iníciase coa súa novela Guía-mapa de Gabriel Arcanjo, publicada en 1961, e segue con publicacións como Tempo das frutas (1966), Sala de armas (1973), Fundador (1969) ou A casa da paixão (1972). Por outra banda, Nélida asume a responsabilidade de dirixir varias institucións, como o Laboratório de Criação Literária da Universidade Federal do Rio de Janeiro (1970) ou a Divisão Cultural do Departamento de Cultura de Estado do Rio de Janeiro, entre outras. Ademais foi membro e profesora de diferentes institucións de carácter internacional. Tal é o caso de Phi Beta Delta Honor Society (1993, Universidade de Miami), o Conselho Nacional dos Direitos da Mulher do Rio de Janeiro ou a Academia de Filosofía de Brasil (2006).
En 1996 é nomeada presidenta da Academia Brasileira de Letras. Recibiu numerosos galardóns durante a súa longa carreira profesional, entre os que se pode destacar: o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2003) e o Premio Príncipe de Asturias das Letras (2005). Ten publicados case unha trintena de libros e na actualidade aínda continúa coa súa produción literaria.


2014-00-00
Nélida Piñon (1937-2022). Académica de honra
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Porteiro García, María XoséAgra Romero, María XoséQuintero, MaryFerro, ElenaBobo, MartaColmeiro González, ElenaMarch, Kathleen N.Gallego Domínguez, OlgaRivera, MabelGoicoa Fernández, María de las MercedesTorres, XohanaPorteiro Lago, CarmelaNavaza González, TereixaWonenburger, María JosefaCampos de Michelena, PascualaCaamaño, BegoñaFerreiro Díaz, LolaCoordinadora Feminista Donicela, Bárcena, DoroteaPlataforma Galega polo Dereito ao Aborto, Mariño, MaríaCastro, Rosalía dePorta, MiliBoga, MaruxaGulín Domínguez, ÁngelesCasares, MaríaMazás Lata, MaríaPardo Celada, ÁngelaDoel Traseira, ConsueloGrupo Saudade, Vidal Martínez, AuroraPérez-Soba, María LuisaCastroviejo, ConchaNoia, PepaOtero Fontán, CándidaVillalta, LuísaBalteira, MaríaOtero Blanco, EnriquetaVillardefrancos Legrande, MarisaMovemento Democrático de Mulleres en Galicia, Viqueira Landa, LuisaMallo, MarujaArias, XelaKruckenberg, María do CarmeVilariño Pintos, DaríaMulleres das Encrobas, Galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, Tobío Fernández, María de los Ángeles MeigasAlvajar, Amparo Temáticas: Mulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicia“cartografías” do Álbum de mulleresÁlbum de GaliciafeminismoensinofilosofíapolíticaxustizaartesaníadeportesA muller galega. Estereotipos e críticaliteraturafotografíapolítica institucionalartes escénicasAs letras das mulleresexilio galegoViaxeiras por GaliciaecoloxíaEcofeminismoseducaciónacción políticaemigraciónmedios de comunicaciónsociedademúsicateatroMulleres e ciencia Álbum da EmigraciónMulleres e alfabetización en galiciaabortofarmaciaCiencia. TecnoloxíaagronomíaHistorias de ida e voltaartescinexinecoloxíaEducación. Pensamento. SociedadeviolenciabibliotecasMemoria e voces femininas da diáspora galegapoesíacienciamigraciónsmedicinamovementos sociaispsiquiatríaidentidade cultural

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0