Persoa: Pura Vázquez Iglesias

Persoa: Pura Vázquez Iglesias [18]

Data Material Ver
Data Material Ver
Retrato de Pura Vazquez
«Pura Vázquez. A menina bonita de Ourense»
Monicreques
«El poeta ciego»
Poemas de Pura Vazquez
Retrato de Pura Vázquez
Pura Vázquez no web da AELG
Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006)
Ver

Transcripción da Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006)

O seu nome completo era Carmen Pura Vázquez Iglesias. Naceu en Ourense en 1918. Como acontecía en moitas familias da época, Pura pertencía a unha familia numerosa. A nai era ama de casa e o pai empregado de Correos. A Coruña foi o lugar que acolleu a toda a familia e lle brindou unha mellora das condicións económicas. Quen ía dicir que aquela nena tan delicada de saúde chegaría a romper moldes a través da súa produción literaria en lingua galega e das súas ensinanzas como mestra. Transcorrendo xa a súa adolescencia e de volta no seu Ourense natal, Pura manifesta unha preferencia polas letras que a fai gozar da lectura e escritura, moitas veces creada por ela mesma. Recibe apoio do seu pai, quen, ante o entusiasmo que Pura manifesta, lle regala a súa primeira máquina de escribir. Comezou con trece ou catorce anos publicando na revista La Zarpa. Estes primeiros traballos foron orientados por Otero Pedrayo.
Co estalido da Guerra Civil, o pai de Pura, socialista, pasará tres anos en prisión e o seu mozo Sindo perderá a vida na Batalla do Ebro. Serían tempos difíciles nos que a familia se sostiña co soldo de mestra que percibía a súa irmá Dora. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Mestres da Coruña. Dedicarase á docencia no seu destino de Segovia e o seu traballo de mestra non interrompería a súa produción literaria. Debido a certos problemas de saúde, autorizan o seu traslado a Madrid. Na capital coñecería a moitos escritores e intelectuais de renome. Pura atopouse inmersa nun ambiente propicio para publicar os seus escritos nas revistas poéticas españolas de vangarda, e comeza a desenvolver o seu talento no eido da literatura infantil e xuvenil. En 1955 apuntouse á aventura migratoria como unha emigrante galega máis. O seu destino foi Venezuela. A capital caraqueña converteuse nun lugar onde Pura exerceu a docencia aos máis pequenos, entre outros traballos que puido desenvolver. Alí bríndaselle a oportunidade de ampliar o seu círculo de amizades coa intelectualidade galega residente no país e publicará tamén parte da súa obra literaria. As súas colaboracións transcenden as publicacións españolas, xa que as editoriais venezolanas tamén lle fixeron un oco. En Caracas ten varias ocupacións, como a de secretaria na Aseguradora Nacional ou arquiveira no Instituto de Cooperación Educativa. A súa permanencia en Caracas foi intermitente pois veu a Galicia e a Madrid en varias ocasións, pero o retorno definitivo a España tivo lugar en 1969. Casa con Manuel Batanero Almazán, mestre de profesión, o 16 de febreiro de 1975. Dez anos máis tarde o seu home morre a causa dunha grave enfermidade. Este acontecemento fai que Pura decida pouco tempo despois establecerse en Galicia definitivamente. Logo dun tempo de inactividade, volve escribir e publicar artigos en xornais e o seu labor literario continúa ata case o seu falecemento, producido en Ourense o 25 de xullo de 2006. Entre a súa prolífica produción literaria atópanse obras como: Trece poemas a mi sombra (1959), A saudade e outros poemas (1963), Os Aldán foron a América (1996) e Terra matria dos soños (1999).


Foto de grupo durante a sesión en Pontevedra de poetas participantes no III Congreso Internacional de Poesía. Na fotografía aparecen, entre outros, Aurora Vidal Martínez, Herminia Fariña, Sabino Torres, Xosé Filgueira Valverde, Xosé María Álvarez Blázquez, Dora Vázquez, etc.
Ver Poetas e escritores que asistiron o día 24 de agosto de 1954 a Pontevedra dentro dos actos do III Congreso Internacional de Poesía. O grupo sitúase diante da fachada de San Francisco e nel distínguese os seguintes poetas: na terceira fila, sentados: Dionisio Gamallo Fierros e Walter Starkie; enriba, de pé e de esquerda a dereita: Emilio Álvarez Negreira (o segundo), Alberto Cambronero, Aurora Vidal Martínez, Sabino Torres, Pura Vázquez e Herminia Fariña; enriba, de esquerda a dereita: Manuel Cuña Novás, Ramón González Alegre, Xosé María Álvarez Blázquez, Cándido Viñas Calvo, Carles Riba e Quique Blein; debaixo e á dereita o último é Francisco Javier Sánchez Cantón e na escaleira inferior, tamén á dereita: Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Transcripción da Foto de grupo durante a sesión en Pontevedra de poetas participantes no III Congreso Internacional de Poesía. Na fotografía aparecen, entre outros, Aurora Vidal Martínez, Herminia Fariña, Sabino Torres, Xosé Filgueira Valverde, Xosé María Álvarez Blázquez, Dora Vázquez, etc.

Poetas e escritores que asistiron o día 24 de agosto de 1954 a Pontevedra dentro dos actos do III Congreso Internacional de Poesía. O grupo sitúase diante da fachada de San Francisco e nel distínguese os seguintes poetas: na terceira fila, sentados: Dionisio Gamallo Fierros e Walter Starkie; enriba, de pé e de esquerda a dereita: Emilio Álvarez Negreira (o segundo), Alberto Cambronero, Aurora Vidal Martínez, Sabino Torres, Pura Vázquez e Herminia Fariña; enriba, de esquerda a dereita: Manuel Cuña Novás, Ramón González Alegre, Xosé María Álvarez Blázquez, Cándido Viñas Calvo, Carles Riba e Quique Blein; debaixo e á dereita o último é Francisco Javier Sánchez Cantón e na escaleira inferior, tamén á dereita: Xosé Fernando Filgueira Valverde.


1975-00-00
«O desacougo, de Pura Vázquez»
1996-00-00
Nais de tinta: Dora e Pura Vázquez, Luz Pozo Garza e Pilar Vázquez Cuesta
1997-00-00
Pura Vazquez pon voz ao seu poema «Rosalía de nós»
1997-00-00
Retrato de Pura Vázquez na Casa da Matanza
1998-00-00
SANJURJO FERNÁNDEZ, M.ª Victoria: «Tres poetas gallegas de posguerra: Pura Vázquez, Luz Pozo, Xohana Torres»,
1999-00-00
«Un paraíso na infancia»
1999-00-00
«Dúas cancións con soños de Pura Vázquez»
2006-00-00
Poetas e narradores nas súas voces, Vol.2, CD 1 (Poetas) 51: Pura Vázquez Dixen amor e digo Ourense
2024-03-26
O arquivo fotográfico de Pura Vázquez na RAG
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Porteiro García, María XoséAgra Romero, María XoséQuintero, MaryFerro, ElenaBobo, MartaColmeiro González, ElenaMarch, Kathleen N.Gallego Domínguez, OlgaRivera, MabelGoicoa Fernández, María de las MercedesTorres, XohanaPorteiro Lago, CarmelaNavaza González, TereixaWonenburger, María JosefaCampos de Michelena, PascualaCaamaño, BegoñaFerreiro Díaz, LolaCoordinadora Feminista Donicela, Bárcena, DoroteaPlataforma Galega polo Dereito ao Aborto, Mariño, MaríaCastro, Rosalía dePorta, MiliBoga, MaruxaGulín Domínguez, ÁngelesCasares, MaríaMazás Lata, MaríaPardo Celada, ÁngelaDoel Traseira, ConsueloGrupo Saudade, Vidal Martínez, AuroraPérez-Soba, María LuisaCastroviejo, ConchaNoia, PepaOtero Fontán, CándidaVillalta, LuísaBalteira, MaríaOtero Blanco, EnriquetaVillardefrancos Legrande, MarisaMovemento Democrático de Mulleres en Galicia, Viqueira Landa, LuisaMallo, MarujaArias, XelaKruckenberg, María do CarmeVilariño Pintos, DaríaMulleres das Encrobas, Galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, Tobío Fernández, María de los Ángeles MeigasAlvajar, Amparo Temáticas: Mulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicia“cartografías” do Álbum de mulleresÁlbum de GaliciafeminismoensinofilosofíapolíticaxustizaartesaníadeportesA muller galega. Estereotipos e críticaliteraturafotografíapolítica institucionalartes escénicasAs letras das mulleresexilio galegoViaxeiras por GaliciaecoloxíaEcofeminismoseducaciónacción políticaemigraciónmedios de comunicaciónsociedademúsicateatroMulleres e ciencia Álbum da EmigraciónMulleres e alfabetización en galiciaabortofarmaciaCiencia. TecnoloxíaagronomíaHistorias de ida e voltaartescinexinecoloxíaEducación. Pensamento. SociedadeviolenciabibliotecasMemoria e voces femininas da diáspora galegapoesíacienciamigraciónsmedicinamovementos sociaispsiquiatríaidentidade cultural

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0