Persoa: Ana Kiro

Persoa: Ana Kiro [19]

Data Material Ver
Data Material Ver
Ana Kiro interpreta Galicia Terra Meiga, no Palacio da Ópera da Coruña
Unha das primeiras atuacións de Ana Kiro en TVE. Galas del Sábado (1968)
Ana Kiro interpreta A miña aldea en Luar
Fragmento da reportaxe dedicada a Ana Kiro Toda unha vida emitida pola TVG o 25 de setembro de 2010
Retrato de Ana Kiro
Por última vez. Unha das primeiras gravacións de Ana Kiro en Cataluña (1967)
Galicia Terra Meiga (1974). O Single orixinal do primeiro tema de Ana Kiro en galego
Con A miña aldea Ana Kiro afondou na «galeguización» do seu rexistro (1978)
Galega traballadora (1982) foi unha das últimas gravacións de Ana Kiro en Barcelona
Arrastráche-lo cu de 1989, un dos primeiros éxitos autoproducidos por Ana Kiro
Pídechas o corpo de 1995, amosa unha Ana Kiro na plenitude da súa carreira
Ana Kiro nunha firma de discos a comezos dos setenta
Fotografía promocional da temperá carreira de Ana Kiro
A estética «ye-yé» foi fundamental nos inicios de Ana Kiro
Tardes con Ana a converteu nunha presenza inescusable da TVG dos noventa
A pesar do seu papel como condutora de televisión, Ana Kiro non abandonou nunca a súa faceta como cantante en múltiples galas
Ana Kiro foi a protagonista estelar do primeiro programa Luar
Ana Kiro, na súa madureza
Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010)
Ver

Transcripción da Ana Kiro (A Castañeda-Arzúa, 1942 – Mera 2010)

María Dolores Casanova González naceu na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942. Con tan só dezaoito meses os seus pais levárona vivir a Barcelona. O seu pai, José Casanova Novás, era garda civil e fora destinado á Cidade Condal. Como a maioría das familias de emigrantes galegos no resto de España, a de María Dolores visitaba cada verán a súa aldea natal. Aos seis anos de idade foi vivir á Castañeda coa súa avoa paterna durante un ano. A súa convivencia coa avoa Dolores marcou fondamente a súa identidade cultural e persoal. Durante aquel ano vivindo na Castañeda aprendeu a “ser galega”; a Galicia labrega exerceu unha forte influencia no que, máis adiante, sería unha extensa e brillante carreira musical. De volta a Barcelona e sendo menor de idade, foi ás agachadas coa súa irmán a un programa radiofónico dominical de Sant Feliu de Llobregat, no que deixaban participar libremente e mostrar o talento artístico a toda persoa que o desexase. Resultou gañadora do concurso pero os seus pais truncaron, nun primeiro momento, o que sería o impulso para comezar unha carreira artística.
Foi un exemplo máis de muller independente que sacou adiante soa á súa filla, froito dun primeiro matrimonio que tan só durou tres anos. A partir da súa separación escolleu recoñecerse a si mesma e buscar firmemente o seu desenvolvemento como cantante. Non foi un camiño doado. Cando non tiña galas traballaba vendendo xabón americano. Así continuou ata alcanzar unha estabilidade laboral que lle permitirá sufragar todos os gastos e incluso aforrar cartos. O traballo era duro e a loita ás veces facíase eterna. Pouco a pouco todo comezou a harmonizarse a favor, de maneira que a partir de 1966, ano en que gravou coa discográfica Belter, a carreira de Ana Kiro fíxose imparable.
Galicia Terra Meiga (Belter, Barcelona, 1974), de Manuel Muñiz, foi a canción coa que introduciu o galego nos seus álbums, conquistando a propios e alleos alí onde chegaba . En dúas semanas vendéronse máis de 100.000 casetes. As letras e compases das súas cancións renderon culto aos costumes e á lingua galega na súa faceta de canción lixeira, que finalmente foi a súa marca de distinción. Ana Kiro converteuse nunha icona entre a colectividade emigrante que residía dentro e fóra de España. Nas súas viaxes a América leváballes un “suspiro da nosa terra”, como ela dicía, aos emigrantes galegos. Un exemplo do seu éxito foi a enorme multitude que acudiu ao concerto que deu en Caracas, organizado pola Hermandad Gallega de Venezuela, nada menos que 24.000 galegos na súa actuación.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Porteiro García, María XoséAgra Romero, María XoséQuintero, MaryFerro, ElenaBobo, MartaColmeiro González, ElenaMarch, Kathleen N.Gallego Domínguez, OlgaRivera, MabelGoicoa Fernández, María de las MercedesTorres, XohanaPorteiro Lago, CarmelaNavaza González, TereixaWonenburger, María JosefaCampos de Michelena, PascualaCaamaño, BegoñaFerreiro Díaz, LolaCoordinadora Feminista Donicela, Bárcena, DoroteaPlataforma Galega polo Dereito ao Aborto, Mariño, MaríaCastro, Rosalía dePorta, MiliBoga, MaruxaGulín Domínguez, ÁngelesCasares, MaríaMazás Lata, MaríaPardo Celada, ÁngelaDoel Traseira, ConsueloGrupo Saudade, Vidal Martínez, AuroraPérez-Soba, María LuisaCastroviejo, ConchaNoia, PepaOtero Fontán, CándidaVillalta, LuísaBalteira, MaríaOtero Blanco, EnriquetaVillardefrancos Legrande, MarisaMovemento Democrático de Mulleres en Galicia, Viqueira Landa, LuisaMallo, MarujaArias, XelaKruckenberg, María do CarmeVilariño Pintos, DaríaMulleres das Encrobas, Galegas na Residencia de Señoritas de Madrid, Tobío Fernández, María de los Ángeles MeigasAlvajar, Amparo Temáticas: Mulleres no Álbum de GaliciaÁlbum de Galicia“cartografías” do Álbum de mulleresÁlbum de GaliciafeminismoensinofilosofíapolíticaxustizaartesaníadeportesA muller galega. Estereotipos e críticaliteraturafotografíapolítica institucionalartes escénicasAs letras das mulleresexilio galegoViaxeiras por GaliciaecoloxíaEcofeminismoseducaciónacción políticaemigraciónmedios de comunicaciónsociedademúsicateatroMulleres e ciencia Álbum da EmigraciónMulleres e alfabetización en galiciaabortofarmaciaCiencia. TecnoloxíaagronomíaHistorias de ida e voltaartescinexinecoloxíaEducación. Pensamento. SociedadeviolenciabibliotecasMemoria e voces femininas da diáspora galegapoesíacienciamigraciónsmedicinamovementos sociaispsiquiatríaidentidade cultural

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0