Persoa: Claude Garamond

Persoa: Claude Garamond [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1970-09-14
Carta de Seoane a Paz-Andrade. 1970
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Paz-Andrade. 1970 en 14/09/1970

Buenos Aires, 14 de setembro de 1970

Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo

Meu querido Valentín:

Acabamos de recibir noticias de Isaac referidas a túa saúde. Supoñemos estarás xa en Vigo e terás superado o[u] estarás superando a doenza, eisí paresce entender na leitura da carta que nos puxo Isaac e eisí o desexamos nós de todo corazón pois si algunha persoa queremos de verdade en Galicia e a tó, a tí e Pilar se entende, sodes algunhas das poucas, enmáis da fonda demiración que temos por tí, pola tua inquedanza, polo traballo que levas feito encol de Galicia, pola tua lealtade nunha terra onde, en xeral ó meu xuicio, os exemplos de lealtade viven fora dela. Debíache carta dende que chegamos. Estiven traballando moito. Teño feito casi todolos cadros pra unha eisposición que faréi en outubro e fun deixando o escribir dun día pra outro. A Tamames remitinlle con tempo o proieito de mural, xa o verías, un paralelípedo xigantesco representando a conquista e a independencia de América en cada unha das caras importantes, nas mais pequenas unhas estrofas do poema de Ercilla e outras da “Oda a Roos[e]velt” de Rubén Darío. Sería un monumento sinxelo e de verdade, penso, hispanoamericán. Supoño que tí xa o conoces ou falaríanche del. Eiquí, aparte de pintar e recoller mais notas pra dous ou tres pequenos libros que penso facer, Maside, grabador e dibuxante, O pensamento político de Valle Inclán, e Bagaría, aparte desto como che digo, saldrá cecáis dentro de dez días Cuco-Rei, catro ou seis páxinas en papel de coor con pequenas notas encol de cuestiós galegas. Notas moi breves, polo pouco espacio, entre as cales vai unha sobor o teu derradeiro libro, La marginación de Galicia. Cuco-Rei distribúiese gratis. Vaime costar cartos con gosto. Saldrá soio de vez en cando. No primeiro número sae un estupendo e longo poema de Varela. Da coleitividade non teño nada que decirche. Estou arredado dela. Os aitos do Día de Galicia salvounos Basilio Losada. Naya unha calamidade. Por outra parte é tonto traguer a eispoñer á Biblioteca Nacional deiquí 50 libros do século XVII e XVIII que non siñifican nada dende o ponto de vista bibliográfico. En Galicia, por desgracia, non naceron nin traballaron Bodoni, Garamond ou Ibarra. Mais Valentín Fernández non sabe nada de esto e Naya coidou que Buenos Aires era unha aldea. Sospeito que terase ademirado de que na Biblioteca Nacional onde se expuxeron os libros que trouxo garda algunhas páxinas da primeira Biblia impresa por Gutenberg, aparte de ter unha das máis notábeles coleiciós do continente en incu[n]ables e libros do século XVI e ó marxe das coleiciós particulares. Son o tipo de parvadas que se lles ocurre a quenes descubren américas ou sabendo que en Galicia tamén hai xoias bibiográficas, ou pensando que esta cidade, que é a cuarta do mundo oucidental en movimento cultural, vai a sorprenderse do que ten Galicia nese orde.
Bueno, non quero darche mais a lata. Quixéramos Maruja i eu que esta carta te atope na casa, en Samil ou en Vigo. Lembrámonos sempre de vos, de Pilar e de tí, de Alfonso. Lembrámosnos da adicatoria que puxeches ó libro, alumeado coa fría lus de neón nesas mesas espantosas de plástico da cafetería Zahara reformada, sen apenas xente e baixo a vixilancia amábel dun empregado do Gran Vía. Nós viñámonos a Buenos Aires dous días despóis, non sabemos ben si con gosto ou tristeza, e lembrámosnos da comida en casa de Álvaro Gil o mesmo día da partida.

Unha aperta a todos, a Pilar, á nai de Pilar, a Alfonso, de Maruja e miña. E outra forte pra tí co grande desexo de que te repoñas pronto:

[Seoane]

Nota: Enviareiche tan pronto como saia Cuco-Rei.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Arias “Mimina”, Carmen;  Laxeiro, ;  Picasso, Pablo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Díaz, Xosé;  Colmeiro, Manuel;  Gerstein, Marika;  Falcini, Luís;  Sofovich, Bernardo;  Blanco Amor, Eduardo;  Ledo, Xohán;  Dónega, Marino;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Gil Varela, Álvaro;  Fole, Ánxel;  Muñoz Manzano, Carmen;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Zegrí, Armando;  Lifschitz, Rafael;  Burd, Esther;  Baudizzone, Luís;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Tormo, Elena;  Díaz Dorado, Diego;  Miró, Joan;  Goya, Francisco de;  Prada, Rodolfo;  Frontini, Norberto;  Gerstein, Noemí;  Neira Vilas, Xosé;  Otero Espasandín, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Payró, Julio;  Carballo Calero, Ricardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  autores/as;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  artes escénicas;  Galería Bonino;  historia;  radio;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  premios;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  cine;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  exilio;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Libro de Tapas;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  axentes culturais;  música;  Fardel d’eisilado;  entrevista;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Sargadelos de Barcelona;  Mulleres;  Martín Fierro;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Homaxe a un paxaro;  Exposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  cultura;  Ediciós do Castro;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Mulleres no Álbum de Galicia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0