Persoa: Miguel de la Iglesia y Diego

Persoa: Miguel de la Iglesia y Diego [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1970-12-26
Carta de Palmás a Seoane. 1970
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1970 en 26/12/1970

Barcelona, 26 de Nadal de 1970

Meu querido Seoane:

Ista é a miña grande esperencia nos anos que teño de vida. É a vivencia descoloridora de Europa e a valoración da América na que vivo. Non vou falar do que particular ou isoladamente me deslumbra, do atoparme con obxetos, con paisaxes, con homes ollados longamente nos libros, non. Todo isto é unha asoballante cabalgada que xurde desde a prehistoria aos nosos días, non constantes labazadas que caen derriba dun, que fan tremer o esprito como unha folla ao vento.
Aos dous días de estar aquí, atopei camiñando pola calle de la Paja ao Blanco-Amor, está mui ben físicamente. Dinlle o diñeiro. Faleille da súa novela, por sorte esqueceu o proieto de queimala, vaina editar en Galaxia. Sen dúbida é un esprito fino que aínda lle pode prestar bós servicios á nosa cultura. O Ricard Salvat quer que lle escriba unha peza teatral en galego prá representar, en castelán, en Barcelona. O Basilio Losada pediume unha axudiña pra o convencer, de bon gusto farei todo o que poida. Este rapaz é xeneroso demáis e cunha sensibilidade e unha capacidade que ogallá tiveramos unha dúcia deles. Hoxe fomos os tres a Tarragona pasando antes polos mosteiros do cister de Santa Creus e máis Poblet, unha viaxe inesquecíbel...
Estiven no Museu Picasso na rua Montcada, é impresionante. Levo o folleto da inauguración das novas salas pró arquivo do Carlos Maside, ten interés prá cousa galega. Tamén pensei que pode interesar pra unha nota en Galicia Emigrante en folla adxunta vai a información.
Perdoe a letra e o lle escribir en follas de caderno pro hoxe está todo pechado e non quería deixar sen de facelo [sic].

Unha forte aperta e a miña lembranza pra Maruxa.

Ricardo

[Anexo.]


“El día 23 de febrero de 1970, Pablo Picasso firmó la donación a la ciudad de Barcelona –a la memoria de su entrañable amigo Jaime Sabartés– de la importantísima colección de obras que poeseía en nuestra ciudad y que había sido afectuosamente custodiada por tres generaciones familiares...”

“A través de centenares de obras, en su mayoría dibujos y pinturas al óleo sobre tabla o lienzo, pueden seguirse sin interrupción, las sucesivas etapas que van desde un dibujo malagueño de 1890, has la fijación de domicilio en París, en verano de 1904, pasando por la estancia en La Coruña (otoño de 1891 a verano de 1895)...”

“A partir del mes de diciembre de 1970, las obras que constituyen la donación, pueden visitarse en la planta baja y parte principal de los palacios Agular y del Barón de Castellet, respectivamente, en presentación contigua aunque separada, de las restantes series que forman el Museo...”

Na primeira sala do Museo na planta baixa gárdase parte da obra feita por Picasso na Cruña cuia relación é a seguinte:

1º painel: tres estudos a lápis
cabeza de fauno 1894
corpo masculino 1895
brazo 1894

1ª vitrina: Varias tapas pintadas
Entre elas destácanse:
O Orzán
A Torre de Hércules
escenas rurales varias: corro con bois
cabeza de galega
aldeanos Galegos


hai tamén dous libros abertos, un deles é a Gramática castellana de Miguel de la Iglesia y Diego impresa en Granada leva a firma do seu dono, en datas 1871-1892 e ademáis a inscripción “Es propiedad de Pablo Ruiz Picasso”.

2ª vitrina:
2 pequenos pandeiros pintados ao óleo cunha figura de home e unha vella galega lendo, respetivamente
2 pequenos óleos: un can e o busto dun home
2 cadenos de apuntes con cabalos e figuras varias
2 libros escolares con dibuxos nas marxens das follas

2º painel:
cabeza dun vello galego 1895 (óleos)
estudio dun anaco dun friso 1895
cabeza de home con pucha e barba 1895 (óleos)

3º painel:
dibuxos varios sen data enmarcados en dous cuadros.

4º painel
dibuxos con escenas galegas
carro galego
aldeanos e cerdos correndo
data 9-I-93

esíbese un exemplar de
“Azul y blanco”

dí nº 1
día 8 de octubre de 1893”
Se publica todos los domingos

dibuxos varios
unha folla cunha lista de libros.

Os paneis e vitrinas están numerados a partir do primeiro que conten cousas feitas en Galicia, denantes hai soio un painel que esibe un traballo feito en Málaga. Esta todo ordeado de esquerda á direita.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Arias “Mimina”, Carmen;  Laxeiro, ;  Picasso, Pablo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Díaz, Xosé;  Colmeiro, Manuel;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Sofovich, Bernardo;  Blanco Amor, Eduardo;  Ledo, Xohán;  Dónega, Marino;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Gil Varela, Álvaro;  Fole, Ánxel;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Muñoz Manzano, Carmen;  Zegrí, Armando;  Lifschitz, Rafael;  Burd, Esther;  Baudizzone, Luís;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Díaz Dorado, Diego;  Tormo, Elena;  Miró, Joan;  Goya, Francisco de;  Prada, Rodolfo;  Frontini, Norberto;  Neira Vilas, Xosé;  Gerstein, Noemí;  Payró, Julio;  Otero Espasandín, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Carballo Calero, Ricardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  autores/as;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  artes escénicas;  Galería Bonino;  historia;  radio;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  premios;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  cine;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  exilio;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Libro de Tapas;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  axentes culturais;  música;  Fardel d’eisilado;  entrevista;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Sargadelos de Barcelona;  Mulleres;  Martín Fierro;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Homaxe a un paxaro;  Exposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  cultura;  Ediciós do Castro;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Mulleres no Álbum de Galicia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0