Persoa: Valentín Lamas Carvajal

Persoa: Valentín Lamas Carvajal [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-12-01
Carta de Ledo a Seoane. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Ledo a Seoane. 1978 en 01/12/1978



1-XII-78
Querido Luis:

Crarexaria primeiro que era eu quen agardaba carta tua, non é que ma deberas, pois sabia por Domingo e Dónega que estabas moi atafegado, e a tua carta é pra min unha gozosa confirmación de que mantés as tuas forzas. Emporiso, nen me sinto agraviado, nen cheguei a sentirme esquecido.
Pareceme moi boa a tua insistencia no tema dos retratos; non deixo de considerala unha das tuas teimas mais xenerosas. Tes un interes real e direito polas xentes que sempre me emocioa e enleva. Decátome vendo o teu de que o meu é ben pequeno. Non sei, fixen poucos retratos e sempre ocasionalmente, somentes lembro con certo cariño unha silueta de Pondal escribindo de pé, e mais ainda un de Lamas Carvajal que non tendo ó meu ver valor estético, por outra banda, pareceme que responde a isa realidade que dis tí perciben os ollos e pola que xusgamos aos homes; e tratándose dun morto que non coñecin, teño que ademitir que axustase á irrealidade que pra min é Lamas Carvajal: unha ánima. Dos outros non fiquei moi contento e, abofé, mesmo teño esquecido habelos feito. Poderíamos falar de represion freudián dun soterrado sentemento de habelos traicioado.
O Freud e mais a beata consideracion do empedrado dos camiños do inferno poden chegar a ser consoladores, pero non absolutorios. Agora mesmo ven de aparecer no Grial, despois de moito tempo, un pequeno escrito meu adicado a Colmeiro. Forase demorando pola miña culpa, pois que posto a escribir ensarillei algo ambicioso de mais: unha disertacion encol da paisaxe pictórica rematada con unha consideracion da pintura paisaxistica galega. Ben, feita a primeira parte, a paisaxe pictórica, e prantexada a segunda, a paisaxe galega, decateime que pra lle dar ao seu cabo natural compria recurrir a unha abondosa ilustración –xa sei que posibel botando man á dotacion dos museus galegos– pro que convirtía un artigo nun libro. Cortei e peguei, pretendendo artellar, e publicouse un artigo que me tirou o desacougo e pensar polas demoras e desleixamento no comprimento da miña primeira intención pro que non chegou a ser un escrito equilibrado e lucidío.
Deiqui a pouco, como saberás, votarase a Constitucion; que non contenta a ninguen, o cal faime temer por ela. Pragmaticamente debera ser a miña opinion que mais val malo coñecido que o peor por coñecer; pro non deixo de sentireme amolado. A outra novedade é a reaparición do Partido Galeguista, que tampouco miro con optimismo. Hoxe é dia de laios. Véxoo moi virado á dereita pro meu gosto, por parte da intervención –avisada, insinuada ou verdadeira– de xentes recen chegadas ao galeguismo dan pra min un resultado desilusionador, ou cando menos desconfiado. Figurome que cando abro os ollos a lus de mencer percebo como compañeiros da viaxe no tren xente que deberon subir nas sombras da noite. Non e que en caso algun goste eu de facer coutos –pretender que vou ao meu tren– nen pretenda pedir cerimonias purificadoras –un spray por se chegan contaminados– ou pedir certificados de pureza de sangue; eu deixarei que me conten a súa vida, pero o que non quero é que veñan, de primeiras, a explicarme a miña. Vendo como os partidos, dende o comunista ao de Alianza Popular, defenden autonomias e usan a lingua galega –o que considero como un triunfo postreiro do vello partido– coido que era necesario un Partido Galeguista mais desacordado con eles, afirmando rudamente a sua raigaña galega e, levando á estremosidade o seu popularismo galego –labregos, mariñeiros e mais o obreiro baixo– e o afastamento de todo camiño capitalista.
Ledome de saber que pensas na volta definitiva á Terra. E xustamente porque penso na tua utilidade pra Galicia, unha utilidade que tí non podes medir, e unha utilidade que, dígoo, non vai ser toda a que é posibel aproveitar. Serás ti quen te vacíes como un limon, é o teu costume sen remedio.
Unha forte aperta e agarimos pra tí e Maruxa de Mimi, dos meus fillos e meus.

Ricardo.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Arias “Mimina”, Carmen;  Laxeiro, ;  Picasso, Pablo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Díaz, Xosé;  Colmeiro, Manuel;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Sofovich, Bernardo;  Blanco Amor, Eduardo;  Ledo, Xohán;  Dónega, Marino;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Gil Varela, Álvaro;  Fole, Ánxel;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Muñoz Manzano, Carmen;  Zegrí, Armando;  Lifschitz, Rafael;  Burd, Esther;  Baudizzone, Luís;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Díaz Dorado, Diego;  Tormo, Elena;  Miró, Joan;  Goya, Francisco de;  Prada, Rodolfo;  Frontini, Norberto;  Gerstein, Noemí;  Neira Vilas, Xosé;  Payró, Julio;  Otero Espasandín, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Carballo Calero, Ricardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  autores/as;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  artes escénicas;  Galería Bonino;  historia;  radio;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  premios;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  cine;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  exilio;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Libro de Tapas;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  axentes culturais;  música;  Fardel d’eisilado;  entrevista;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Sargadelos de Barcelona;  Mulleres;  Martín Fierro;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Homaxe a un paxaro;  Exposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  cultura;  Ediciós do Castro;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Mulleres no Álbum de Galicia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0