Persoa: Sir John Moore

Persoa: Sir John Moore [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-03-02
Carta de Palmás a Seoane. 1978
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de Palmás a Seoane. 1978 en 02/03/1978


Londres, 2.3.78

Benquerido Seoane:

Levo xá un mes vivindo aquí, mais non lle escribín denantes pois non tiven casa hasta antonte. Non remataban nunca as obras dentro dela. A pesares diso fun arranxando todo o meu traballo para o boletín do que son correspondente e, tamén, para a revista na que colaboro. Precisamente, onte fíxenlle unha longa reportaxe a Lindsay Kemp, un actor británico que estivo hai pouco en España cunha obra del Flowers, pantomima para Jean Genet. Eu non a puiden ver, mais sei que tiveron un éxito enorme en Madrí e Barcelona. Agora marchan ao Canadá e logo a seguir van a Bs. As. Non deixen de vela, coido que alí tamén farán a Salomé de Oscar Wilde.
Supoño que xa estará a traballar de cheo nos grabados sobre a paisaxe galega –eran grabados ou debuxos?– e para as próximas exposicións. Eu, de momento, ainda non teño nada en marcha. Espero coller material gráfico sobre os santos, que lle mandaréi cando o teña. Estóu matinando nunha carpeta de homaxe a Sir John Moore. Qué lle parece a idea? Ocurríuseme o outro día cando por acaso lín o poema que lle fixo o poeta inglés Wolfe. Non é o que fixo Rosalía, quero decir non ten a calidade poética do texto en galego, mais foi unha composición imensamente popular aquí, pois todo escolar inglés adeprendéuna de memoria. O proieto sería así: unha edición bilingüe galego-inglesa cos dous poemas en cada unha destas linguas e dous prólogos un para galegos e outro para británicos. Naturalmente, que pensei en vostede para toda a cuestión gráfica e ilustracións. Espero que lle resulte interesante.
Nestes momentos hai en Londres unha exposición monstro sobre o dadá e o surrealismo. Ainda non puiden ir vela, mais faláronme dela mui ben.

Bon, unha aperta funda e lembranzas para Maruxa

Ricardo Palmás

[Escrito na marxe esquerda:] PS.: Meu enderezo é: 8, Southbrook- London 5E. 12


1978-05-05
Carta de Seoane a Palmás. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Palmás. 1978 en 05/05/1978


Buenos Aires, 5 de Abril de 1978

Sr. Ricardo Palmás
Londres

Querido Palmás:

Recibín fai xa cuase uns vinte dias a sua carta remitida dende Londres. Facíao, non sei por qué, en Barcelona. Nos estamos aínda inquedos, sen acougar como se dí, tratando de traballar, mais eu sin me decidir a facelo de xeito disciplinado. Os grabados sobor Galicia aínda non os iniciéi, teño outros a facer sobre Juan de Garay, cos que debo iniciar a miña laboura deste ano en grabado, para a librería Martina Céspedes, de San Telmo. A verdade é, que independente das atencións e homaxe dos mozos de Santiago, voltamos desesperanzados de Galicia. Aquelo é un gran disparate político con unha ausencia, a do Partido Galeguista, que houbese servido aos desexos de autonomía popular como o catalanismo e o nacionalismo basco. A miña política hoxe é, penso, que para o porvir é facer co meu traballo o que poida por Galicia, sin ter nada que ver coas institucións políticas que se formen e cas vixentes na actualidade. En todo caso estarei con elas nos aspectos mais xenerales sempre que correspondan ó meu pensamento. Tratarei de pintar sobre todo, o millor que poida, que polo visto é o meu. Do tomo de poesía que editou O Castro non sei nada. Non sei si interesóu aos mozos que non coñecían nada meu, ou non. Publicáronse algunhas notas, unha moi interesante de Casares, e outra en Informaciones, creo que nada máis. É posible que se tivesen publicado mais. Non vin ningún númaro de A Nosa Terra. Dixéronme que Abraira escribíu unha carta de lector queixándose de que non se houbesen referido a A Nosa Terra de Buenos Aires, e de paso de que non tiveran en conta o galeguismo de aquí. Non sei nada mais en canto a si lle responderon ou non. En canto ao de Wolf adicado a Moore pareceume moi ben, non tanto Moore que deixou que o defendesen os galegos mentras el pretendía embarcar, e recibíu un tiro providencial para consolidar a sua gloria e por él o espléndido poema romántico de Rosalía. Entre Rosalía e Wolf cimentóuse esa gloria. Tamén axudou o Xardín de San Carlos, onde ergueron a sua tumba.
Esto é todo hoxe. Quedou moi ben o libro sobre a emigración que editóu O Castro. Reciba unha aperta grande de Maruxa e miña:

[Seoane]


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Arias “Mimina”, Carmen;  Laxeiro, ;  Picasso, Pablo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Díaz, Xosé;  Colmeiro, Manuel;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Sofovich, Bernardo;  Blanco Amor, Eduardo;  Ledo, Xohán;  Dónega, Marino;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Gil Varela, Álvaro;  Fole, Ánxel;  Muñoz Manzano, Carmen;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Zegrí, Armando;  Lifschitz, Rafael;  Burd, Esther;  Baudizzone, Luís;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Díaz Dorado, Diego;  Tormo, Elena;  Miró, Joan;  Goya, Francisco de;  Prada, Rodolfo;  Frontini, Norberto;  Gerstein, Noemí;  Neira Vilas, Xosé;  Otero Espasandín, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Payró, Julio;  Carballo Calero, Ricardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  autores/as;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  artes escénicas;  Galería Bonino;  historia;  radio;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  premios;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  cine;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  exilio;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Libro de Tapas;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  axentes culturais;  música;  Fardel d’eisilado;  entrevista;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Sargadelos de Barcelona;  Mulleres;  Martín Fierro;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Homaxe a un paxaro;  Exposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  cultura;  Ediciós do Castro;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Mulleres no Álbum de Galicia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0