Persoa: Edmond Rostand

Persoa: Edmond Rostand [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1978-06-13
Carta de Seoane a García Sabell. 1978
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1978 en 13/06/1978



Buenos Aires, 13 de Xunio de 1978

Dr. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Por unha carta de Isaac tiven noticia de que ves a Buenos Aires invitado polo Centro Galego con motivo do Dia de Galicia. Non sabes canto me alegrou a noticia, ainda que eu esté persoalmente moi lonxe de todo o que ocurre na colectividade dende que fun aldraxado por un grupo de persoas fai uns oito anos, instigados por Valentín Fernández, sin que esa institución e as outras lles contestase, como terían de facelo, por todo o que eu fixen para elas en tantos anos, dende o 37 ó 70. Dende entón deixei de frecuentala e non concurrín endexamais a un acto dela. Mais este é un caso particular. A realidade é que non se ten de ningún xeito de deixar de lado a importancia que ela ten, sobre todo que tivo no pasado, cando non envellecera por falla de emigrantes novos. Das tuas conferencias e de ti persoalmente lémbrase moita xente. Foi moi importante a imaxe que deixaches dunha Galicia nova, inqueda, descoñecida para eles, a maioría, que lles anunciaba a esistencia de uns valores dos que non tiñan apenas noticia. Nos alegrámonos moito de que veñades. Eu por egoísmo persoal. Verás o meu traballo feito en Buenos Aires, o que estou facendo, algúns dos murales mais importantes. E poder ver xuntos algúns espectáculos. Buenos Aires é con seguranza a cuarta, ou quinta gran cidade musical e teatral do mundo. Hoxe, un dia calquera do outono anúnciase, soio en teatro, Cyrano de Bergerac de Rostand, Anna Christie de O´Neill, Lorenzaccio de A. de Musset, El Abanico, de Goldoni, Romeu y Julieta de Shakespeare, xuntamente coa obra dos mais novos, como El Desperfecto de Dürrenmat, Ceremonia para un negro asesinado de Arrabal, ou Requien para un viernes a la noche de Rosenmacher, do teatro universal. Do teatro en castelán estase repoñendo Los intereses creados e La casa de Bernarda Alba, aparte do teatro arxentino. De ópera, Otelo de Verdi e Gisell de Adam-Coralli, etc. Enmais dos ballets nacionales e estranxeiros, concertos, e en este intre traballan sete circos en distintos bairros da cidade. Non vou a reproducirche as páxinas de espectáculos dun xornal, La Nación, nin referirme ó teatro experimental que se fai, nin ós cafés-concerts, etc. Douche noticias de este aspecto de cidade descoñecido en España, para animarte a que veñades. Para nos serán dias inolvidables, estou seguro.
Non sei nada do que pasou co libro de Galicia no ano 2000. Si tivo críticas, etc. O vicerrector nin tan siquera me remitíu o exemplar. Teño un que me envióu Del Riego. A Xulio Maside fíxenlle un traballo sobre Carlos, pra un libro que tiña de se editar axiña, enviéillo fai meses, e tiven noticias por Piñeiro de que o recibíu. Xulio nin siquera me acusóu recibo, é moi posible que non lle gustara. Esquénzome traballando. Traballo.
Non escribo mais. Esta carta é simplemente consecuencia da ledicia que sentimos polo voso viaxe en Xulio. Unha aperta moi grande ora vos os dous de Maruxa e miña:


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacFernández del Riego, FranciscoVarela, LorenzoDieste, RafaelGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínHervella, EvelinaMaside, CarlosArias “Mimina”, CarmenLaxeiro, Picasso, PabloPiñeiro, RamónCuadrado, ArturoCastelao, Scheimberg, SimónOtero Pedrayo, RamónDíaz, XoséColmeiro, ManuelFalcini, LuísGerstein, MarikaSofovich, BernardoBlanco Amor, EduardoLedo, XohánDónega, MarinoBurd, LipaAlberti, RafaelNúñez Búa, XoséGil Varela, ÁlvaroFole, ÁnxelValle-Inclán, Ramón MaríaMuñoz Manzano, CarmenLifschitz, RafaelZegrí, ArmandoBurd, EstherBaudizzone, LuísDíaz Arias de Castro, CamiloDíaz Dorado, DiegoTormo, ElenaMiró, JoanGoya, Francisco dePrada, RodolfoFrontini, NorbertoGerstein, NoemíNeira Vilas, XoséPayró, JulioOtero Espasandín, XoséPalmás, RicardoCarballo Calero, Ricardo Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artes visuaisliteraturaespazos artísticosautores/asasuntos particularesmigraciónsemigraciónmedios de comunicaciónColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanepolíticaA nova Sargadelosprensa escritaartes escénicasGalería BoninohistoriaradioÁlbum de GaliciaFondos de Radio Nacional de España en Galiciapremios Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalcineFábrica de Porcelanas La MagdalenaExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973exilioExposición de Luís Seoane. Bonn. 1967Libro de TapasColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeExposición de Luís Seoane. Madrid. 1963axentes culturaismúsicaFardel d’eisiladoentrevistaBestiario, de A. GirriGalería Sargadelos de BarcelonaMulleresMartín FierroExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalHomaxe a un paxaroExposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967culturaEdiciós do CastroPremio PalanzaHomenaje a VeneciaExposición de Luis Seoane. Madrid. 1970Homenaje a la Torre de HérculesMulleres no Álbum de Galicia

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0