Persoa: Ricardo Camino Calvo

Persoa: Ricardo Camino Calvo [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1974-11-11
Carta de Seoane a Dónega. 1974
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Dónega. 1974 en 11/11/1974

Buenos Aires, 11 de Novembro de 1974

Sr. D. Marino Dónega Rozas
A Cruña

Meu querido amigo:

Déboche carta dende non sei cando, mais, si vou á Cruña nos primeiros días do ano que ven, teño que traballar arreo, e, entre o traballo e a vida de Buenos Aires, axitada como poucas, e onde cada saída leva ás veces duas horas de ida e volta, e o tempo da xestión, e todo o que pasa, réstalle a un azos pra escribir, añadindo enmais a correspondencia con Isaac que non fai mais que aguilloar dende Sargadelos. Estou moi canso. Protestei pola escritura pois tiña de lle dar ó notario os elementos que caracterizaron a fundación do Museo Carlos Maside e destacar os nomes dos donantes, pois nengún museo do mundo faise en xeral sen éstes e todos síntense obrigados a destacar a súa donación. Por outra parte todos os outros elementos. Nós non fixemos un museo pra recoller o pasado galego senón soio o que nos consideramos un arte inquedo do noso tempo. Falamos desto en moitas oportunidades e, enmais, pubriquéi no caderno número 1 de Laboratorio de Formas un traballo falando do noso propósito, naturalmente de acordo os dous. O museo reúne as obras de artistas galegos a partir da xeneración do 30, Maside, Souto, Colmeiro, Torres, Eiroa... senón ¿pra qué se quere un museo na Cruña, si pra reunir a Juan Luis, Mosquera, Camino, Quintas Goyanes, etc., xa existe o Museo da Cruña e outros museos galegos? Incluíamos a Castelao porque él, enmais de un artista de intención galega, proieitou a posibilidade de un arte galego, e tiñámolo no Museo como exempro da xeneración anterior. Mais non vou a repetir o que está escrito e creo coñeces. Agora insísteme que a culpa a tes tí e mais eu. Eu, porque según as súas cartas, deixéiche instrucciós pra o que se tiña de facer con arreglo ó Museo. Na que recibín fai uns días insiste, “no solo instruiste a Dónega, sino que él te leyó en casa de Álvaro, ya en Vivero, la minuta del acta fundacional...” E xa leva duas ou tres cartas insistíndome no mesmo, e, naturalmente, eu teño que lle responder. E esta correspondencia a min enférmame. Respondinlle que non deixei instrucciós a tí nin a ninguén, que mal podía deixarchas posto que eu non coñecía os trámites e que a situación do Museo ti a coñecías por él e por mín. Pois non, acabo de recibir unha carta…


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Arias “Mimina”, Carmen;  Laxeiro, ;  Picasso, Pablo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Castelao, ;  Scheimberg, Simón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Díaz, Xosé;  Colmeiro, Manuel;  Falcini, Luís;  Gerstein, Marika;  Sofovich, Bernardo;  Blanco Amor, Eduardo;  Ledo, Xohán;  Dónega, Marino;  Burd, Lipa;  Alberti, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Gil Varela, Álvaro;  Fole, Ánxel;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Muñoz Manzano, Carmen;  Lifschitz, Rafael;  Zegrí, Armando;  Burd, Esther;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Baudizzone, Luís;  Díaz Dorado, Diego;  Tormo, Elena;  Miró, Joan;  Goya, Francisco de;  Prada, Rodolfo;  Frontini, Norberto;  Gerstein, Noemí;  Neira Vilas, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Payró, Julio;  Otero Espasandín, Xosé;  Carballo Calero, Ricardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes visuais;  literatura;  espazos artísticos;  autores/as;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  medios de comunicación;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  política;  A nova Sargadelos;  prensa escrita;  artes escénicas;  Galería Bonino;  historia;  radio;  Álbum de Galicia;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  premios;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  cine;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  exilio;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Libro de Tapas;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  axentes culturais;  música;  Fardel d’eisilado;  entrevista;  Bestiario, de A. Girri;  Galería Sargadelos de Barcelona;  Mulleres;  Martín Fierro;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Homaxe a un paxaro;  Exposición de Luís Seoane. A Coruña. 1963;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  cultura;  Ediciós do Castro;  Premio Palanza;  Homenaje a Venecia;  Exposición de Luis Seoane. Madrid. 1970;  Homenaje a la Torre de Hércules;  Mulleres no Álbum de Galicia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0