Persoa: Jesús García Naveira

Persoa: Jesús García Naveira [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
2009-00-00
Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009
Ver

Transcripción da Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009 en 00/00/2009

No testamento de Jesús García Naveira aparece especificado o legado de 50 000 pesetas para a construción dun novo edificio educativo para a vila. Debía ser unha escola municipal de ensino primario para os nenos e nenas da localidade. A única condición para construíla era a cesión por parte do Concello do soar no Picardel, preto da igrexa de San Francisco.
Axiña se inician os trámites para levar a cabo os desexos do filántropo, quen foi declarado fillo predilecto de Betanzos. O deseño do edificio encargouse ao recoñecido arquitecto coruñés Rafael González Villar. O 17 de agosto de 1917 colocouse a primeira pedra nun acto con grande asistencia popular. Un ano máis tarde foi inaugurado e funcionou durante boa parte do século XX como centro de primeira ensinanza para moitos dos nenos e nenas do municipio, complementando a función docente da outra escola creada polos dous irmáns García Naveira. Hoxe en día continúa con esa función instrutiva que tanto promoveu este indiano.
Para coñecer as características arquitectónicas do edificio pódese consultar a páxina web As Escolas da Emigración do CCG. Hoxe en día, tras unha restauración, continúa a ser un dos edificios máis fermosos da vila betanceira.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Robinson, KenRico Díaz, JavierEirín Nemiña, RaúlCasal de la Fuente, LucíaGuillanders, CarolCandisano Mera, José AgustínDomínguez Lloria, SaraRodríguez Fernández, José EugenioGarcia Labandeira, Xosé LuísOchoa Hendrix, JessicaGómez-Reino Carnota, EnriqueTouriñan, Jose ManuelDopazo, Xosé ManuelGonzalez Carrera, ValentinToro, Xacobo deVillaverde, ManuelRisco, VicenteFlament Simon, SaskiaLorenzo Fernández, XaquínOrden Hoz, Arturo de laKoller, DaphnePorteiro García, María XoséGarcía Naveira, JesúsGomez Dacal, GonzaloRives, ManelArregui, IñakiZas Varela, LuzYacoobi, SakenaMariño, SegundoCal, AntíaLópez, SiroPeña, Marina de laLombao, ManuelCela, Carmela Temáticas: GalegovídeoProxectorUniversitariociencias da educaciónSecundarioA educación: cambiar o presente para mellorar o futuroPortuguéseducaciónensinodidáctica da expresión musicalFondos de Radio Nacional de España en GaliciaEducación. Pensamento. SociedadeemigraciónHistorias de ida e voltaDidáctica das ciencias experimentaisDidáctica da expresión corporalmedios de comunicaciónradioxornalismoinfanciaA Universidade respondefiloloxía e lingüísticalingüística xeralDía da Lingua MaternaDivulgaterra 2018psicoloxía e ciencias do comportamentopsicoloxía evolutiva e da educaciónMulleresMemoria e voces femininas da diáspora galegabioloxíaciencias experimentaisdivulgación científicacorosmúsicaCando o pobo fai festa: celebracións e patrimonio inmaterialhistoriaÁlbum Nóshistoria contemporáneadidáctica e organización escolarartes gráficasOs dereitos humanostecnoloxíaxeografía físicaantropoloxíaÁlbum de GaliciaO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0