Temática: Álbum de Galicia

Temática: Álbum de Galicia [134]

Data Material Ver
Data Material Ver
Portada do primeiro volume do Atlas Lingüístico Galego, proxecto fundaciónal do ILG dirixido por Constantino García e Antón Santamarina
Na universidade de Texas, rodeado de libros
Retrato fotográfico do xuíz Daniel García Ramos
Julia Viqueira y Flores Calderón, Vicente Viqueira y Flores Calderón, Xohán Vicente Viqueira López-Cortón, Carmen López-Cortón Viqueira, Luisa Viqueira López-Cortón, Luisa López-Cortón Viqueira
Salvador Pérez Froiz de neno, coa súa familia en Gondomar (Pontevedra)
Salvador Pérez Froiz de neno, coa súa familia en Gondomar (Pontevedra)
Salvador Pérez Froiz en Gondomar, co pai e irmás maiores
Salvador Pérez Froiz coa súa nai en Vigo
Salvador Pérez Froiz cos pais e irmáns, na fotografía para o libro de familia numerosa
Salvador Pérez Froiz de veraneo en Ares
Salva e Mamen en Santiago, cando noivos
Retrato de Salvador Pérez Froiz
Certificados do labor como conferenciante e docente de Salvador Pérez Froiz na década dos 90
Artigo de Antón Dobao en lembranza de Salvador Pérez Froiz, con motivo do seu falecemento
Artigo de Manuel Lorenzo sobre o galego empregado por Lago González
1923-02-15
O falecemento de Murguía no boletín A Nosa Terra: idearium das Irmandades da Fala. Nº 179 (15 de febreiro de 1923)
1926-00-00
Un exemplo da súa serie xornalística Lambizos. Compostela, 1926
1926-00-00
Capa do Vocabulario Popular Galego-Castelán, en edición do SEG e do xornal El Pueblo Gallego. 1926
1926-03-14
Socios e colaboradores do Seminario de Estudos Galegos na súa IIª Xuntanza Xeral, celebrada na Sociedade Económica de Santiago. No centro, Ramón Martínez López, un dos fundadores do SEG. Fotografía de Ksado, 14 de marzo de 1926
1926-03-14
14 de marzo de 1926. Socios e colaboradores do Seminario de Estudos Galegos, retratados por Ksado, na IIª Xuntanza Xeral da entidade, celebrada na Sociedade Económica de Santiago
1926-09-08
O primeiro artigo de Xaquín Lorenzo viu a luz na sección «Tribúa aberta» do xornal vigués El pueblo gallego en setembro de 1926
1931-00-00
Martínez López nunha caricatura realizada por Luís Seoane en 1931
1932-08-00
Ramón Martínez López nunha foto do mes de agosto de 1932
1932-08-00
Retrato de Ramón Martínez López
1934-06-01
Lugrís Freire, novo presidente da Real Academia Galega
1940-00-00
Pouco despois da súa chegada aos Estados Unidos (1940). En Estes Park (Colorado), convidado polo seu mestre e amigo, o historiador Américo Castro.
1942-07-00
Martínez López no centro da fotografía, en Down Lake – Estes Park, no verán de 1942
1943-06-01
Fotografía de Manuel Lugrís Freire, Presidente da Academia Galega. 1934
1943-07-00
Ramiro Isla trata o problema lingüístico de Galicia na revista Saudade con motivo da creación da sección Language and Literature of Galiza, Portugal and Brazil na Modern Language Association of America
1951-12-30
Noticia sobre o ingreso de Manuel Gómez Román na Real Academia Galega o 30 de decembro de 1951. Otero Pedrayo responde ao discurso do arquitecto vigués
1955-00-00
Xantar na súa honra de Martínez López celebrado no Hotel Compostela de Santiago. Ano 1955. Un don Ramón que sorrí, sentado no centro, entre J. Piel e R. Otero Pedrayo
1956-01-01
Sabela Labraña (segunda pola esquerda) e os irmáns máis vellos canda o seu avó Pedro en Santo Antolín de Ibias, 1956
1960-09-13
En Washington, nas proximidades da Casa Branca. Coa súa dona -Isabel- e a súa filla -Maribel-. 12 de setembro de 1960
1961-00-00
The Texas Quarterly: Image of Spain, prestixiosa publicación coordinada por Ramón Martínez López en 1961
1961-03-26
Sabela Labraña e o seu irmán Pepín con cadanseu ramo de loureiro no Domingo de Ramos. 26 de marzo de 1961
1962-03-00
Diante do edificio universitario de Austin (Texas). De esquerda a dereita: Roger Shattuck, Ramón Martínez López, Jorge Luis Borges e Ricardo Gullón. Marzo de 1962
1963-00-00
Portada da General Estoria, en edición de Ramón Martínez López, publicada pola Universidade de Oviedo en 1963
1966-11-00
Nunha das viaxes a Madrid, volvendo dos EE. UU. Novembro de 1966
1967-00-00
Sabela Labraña, segunda pola esquerda, xunto con outros compañeiros (o primeiro pola esquerda é José Chavete Rodríguez, pintor e catedrático na Facultade de Belas Artes da UVIGO), ao saír da clase da Academia da Silva. Cedeira, 1967
1968-04-25
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1968
1970-00-00
Con Luís Seoane no Castro (Sada). Década de 1970
1971-00-00
Portada do primeiro volume (edición de 1971) da colección de manuais Galego 1, Galego 2 e Galego 3, proxecto que dirixiu Constantino García
1971-00-00
Artigo de Constantino García sobre a necesidade dun método xeral de aprendizaxe do idioma galego
1971-10-00
Martínez López publica en Grial unha nova lectura dos Cancioneiros
1973-00-00
Folleto publicado pola USC en 1973 coa memoria de actividades desenvolvidas polo ILG nos anos 1971-1972
1973-05-21
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1973
1973-09-28
Carta de Carlos Casares a Ramón Piñeiro, 1973
1974-00-00
Constantino García con Ramón Lorenzo en Roxos, en 1974
1974-00-00
Artigo de Constantino García sobre a situación do galego no ensino en 1974
1978-11-00
Martínez López dirixíndose aos asistentes do congreso constituínte do renacido Partido Galeguista. Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Novembro, 1978
1981-00-00
Presentación da obra Problemas da Lingua Galega en Santiago de Compostela, 1981. Ricardo Carvalho Calero (de pé), acompañado de Manuel Rodrigues Lapa e Constantino García (sentado, no centro da mesa).
1983-00-00
O matrimonio Martínez-Castromán no día da celebración das súas vodas de ouro, en 1983
1983-10-00
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
Ver Gravación de audio de persoas falando

Transcripción da Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal» en 00/10/1983

RAMON MARTINEZ LOPEZ: Na miña charla vou abranguer dúas vertentes. A primeira lévame a falar da miña mocidade, aquí nas aulas de Composte la. Recordo que entón dábanse coas universidades portuguesas relacións de cátedra a cátedra —suliñamos na Medicina a Rodríguez Cadarso, por exemplo— e das Irmandades da Fala con Porto, sobre todo. A revista "Aguia", Teixeira de Pascoaes e Coimbra eran outros nomes e puntos de relación. É curioso ademais ver cómo nos dez primeiros números de "Nós" se publicaban poemas ou ensaios de escritores portugueses. Eran, desafortunadamente, relacións pouco políticas: as dictaduras nos dous países non o permitían, e estou falando non de Franco en España, senón xa antes, de Primo de Rivera. Eses réximes non vían ben esas inquedanzas da mocidade. Un segundo aspecto lévame a falar da miña biografía case inmediatamente posterior ós tempos descritos. No 33 fun destinado a Lisboa pola República Española ó "Instituto Español" de Lisboa. Eran estes uns organismos que recordan, imitando bastante ben, o labor dos "British Council". O "British Council" é un istrumento de amistade cos pobos onde se establece. E, a modo de exemplo, o que houbo na España da posguerra serviu coma lugar de encontro de intelectuais: Pío Baroja, Menéndez Pidal... Algo polo estilo e sen ter que resolver problemas políticos era o "Instituto Español". As instruccións que levabamos eran de entrar en contacto cos intelectuais portugueses. Eu coñecín alí entón ó profesor Rodrigues Lapa, meu amigo, a Teixeira de Pascoaes, con quen tiñamos unhas diarias xuntanzas nunha cafetería da Rúa do Carmo de Lisboa. Lembro moi ben de ver pasar a Pessoa, dirixíndose a calquera oficina da Rúa da Prata. Coñecín ademais ó grande poeta Navarro. Naquel tempo celebrouse a Gran Exposición do Libro Español, onde se explicou con charlas a situación política de Galicia, nunha cidadecapital cun forte Centro Galego. Logo hai que pasar polos anos da guerra civil. Sempre lembrarei cando cheguei á Embaixada de España, onde estaba de Embaixador Claudio Sánchez Albornoz. Entón o representante de Franco en Lisboa era Gil Robles, a quen había que ir presentarse para pasar ó bando franquista. Na embaixada quedamos tres ou catro persoas. Mantiñamos informacións fidedignas e confidencias con escritores e xornalistas portugueses arredor da situación en España. En certas datas xuntabámonos para lelas galeradas do "Século" censuradas co lápiz vermello característico... Ata que un día dous policías que ficaban na Embaixada foran arrestados na Avenida da Liberdade e confesaron en Salamanca que un señor chamado Martínez López facía servicios de información, "cousas feas" co prestixio de Portugal. Declaróuseme persoa "non grata" e pasei a París, onde as cousas cambiaron.
Eu non podo falar de Portugal sen pensar que revivo unha cousa que é miña. Foron tres anos que pasei alí dos mellores da miña vida. Logo, nos trinta anos nos Estados Unidos, estiven nunha Universidade con Departamento de Portugués e sete materias diferentes.
Fáltame pois distancia espiritual e moral para falar con perspectiva. Teño esto moi preto.

RICARDO CARBALLO CALERO: Voume ater ás instruccións que se me deron: tratalo tema das relacións literarias entre Galicia e Portugal non con sentido histórico preponderantemente, senón con ollos e perspectivas para o futuro. Claro que terei que facer alusión á Historia. O futuro é consecuencia do presente e do pasado. Un pobo que non lembra a súa Historia —o galego— non pode agardar un futuro saudable: é o único xeito de sabelo que se foi e o que se quere e pode ser. As relacións literarias Galicia-Portugal foron e deben ser algo máis que as relacións entre dous pobos. Historicamente non existe unha diferencia entre a literatura portuguesa e galega nas orixes. Hai unha extrapolación de feitos políticos no ámbito cultural que non deixan ver con claridade moitas realidades. Existe unha fronteira política no Miño que é coma tódalos feitos historicos, historicamente xustificable. Pero resulta certo que, aínda mantendo a actual separación dos territorios do norte e do sur do Miño, a literatura galega e portuguesa son a expresión artística dun instrumento único: un sistema lingüístico chamado galego, portugués, galego-portugués, ibero románico occidental, etc., que se realiza con arreglo a distintas normas. Non é científico falar só de dúas normas. Habería que facer referencia ás diversas normas con que se realiza o galego-portugués das provincias españolas galegas e o portugués do Estao portugués. No mesmo portugués danse relacións dialectais varias e distintas. Filoloxicamente e lingüísticamente é insostenible a diferenciación entre galego e portugués. Porque o galego nace a ambas beiras do Miño. Os da beira de alá non son extranxeiros. O galega nace na Gallaecia, e a Gallaecia lucense e a bracarense son unha unidade baixo a administración romana, na que se desenvplve unha forma de romance singular, sen perxuicio das falas nas que unha lingua se fragmenta ó facerse coloquial, pero conservando o sistema. É verdadeiro un paralelo entre esta lingua común galego-portuguesa, o castelán e o catalán. No proceso de reconquista, ademais de ir distinguíndo se o portugués cara ó sur, tamén nos seus ámbitos máis meridionais, o castelán foi xerando o andaluz. E o catalán, o valenciano. A diferencia está en que no caso galego-portugués non se mantiveron as mesmas relacións políticas que entre Castela-Andalucía e Catalunya-Valencia. Portugal converteuse nun estado separado do resto da Península, agás dos tres reinados dos tres Felipes de Austria, o que xerou unha situación socio-política en parte contradictoria co puramente lingüístico. Así o nome de "portugués" que algúns lingüistas apiican ó noso idioma, non deixa de ter sentido desde un punto de vista sociolóxico. Mentres que dicir que o portugués é unha rama do galego é tamén exacto, pero desde o punto de vista xenético.
Pois ben, se o galego nace a ambas beiras do Miño e se extende ata o Mondego, pódese dicir que o galego está imperando nesta área, e só desde alí o sustrato mozárabe cobra a suficiente forza para inflexionar esta lingua galego portuguesa e impoñe-lo portugués que agora coñecemos. Mais teñamos en conta que aínda hoxe o portugués presenta características nórdicas na súa normativa. Por eso na literatura galega e portuguesa só existe algo común. Máis a fronteira do 1095 —separación do Condado de Portucale— fai xurdir unha nova situación acentuada co episodio de Aljubarrota. O "complexo" de Aljubarrota" vai operar durante varios séculos e o galego vese desprazado desde o século XV como lingua culta polo castelán. O galego desde ahí desorbítase e tende a castelanizarse. Desde 1850 aproximadamente, o Rexurdimento, non existe entre nós unha conciencia da confraternidade. E así moitos escritores galegos, no XIX e aínda agora, tenden a vivir de costas a literatura portuguesa, o cal é un grande mal. Rosalía, Pondal, Lores, Curros, a Xeración "Nós", as Irmandades da Fala, Castelao en "Sempre en Galiza" son exemplos de mantedores contactos. Pero este intercambio cultural no se mostra suficiente, é isolado. O pobo ignora as antigas relacións entre os dous idiomas. O portugués mozarabizado e o galego castelanizado fomentan a tendencia entre os pobos irmáns a considerarse mutuamente as variedades coma caricaturización da propia lingua. A situación actual non é satisfactoria: non vivimos as relacións normais da nosa íntima relación. Hai moitísimo que facer, empezando por unha política linguística baseada na Historia, para restaura-la galeguidade do noso idioma. Se o que se busca é facilita-la doce morte do galego no seó do castelán, non paga a pena preocuparnos de nada: nin de ensinar en galego, nin escribir galego. Debemos consegui-lo contacto entre os escritores e que os libros circulen a través da fronteira con maior profusión. Temos que felicitarnos de que en Santiago exista unha librería especializada e coloquios coma este... A Universidade galega non ten sequera unha cátedra de portugués, como en Salamanca: parece que Ile basta unha adxuntía (sorrisos do público). E a Asociación de Escritores non debe vivir allea ó mundo literario portugués. Hai, en fin, que desenmascarar unha distinción puramente política, pero que se extrapola fraudulentamente ó cambio cultural.'

CARLOS ALBERTO FERREIRA DE ALMEIDA: Despois das palabras tan serias e sentidas do profesor Calero só me resta ficar calado. Se nós traballasemos como o profesor Calero e o sentíramos na propia pel coma el, teriamos garantizado o agrandamento nas identidades. Temos que ter presente a figura de Serpa Pinto, que agora lembramos, e a súa permanente comunicación con Cuevillas. Somos a mesma cultura, falamos a mesma lingua, e a lingua é o dado maior que unha cultura ten. Cómpre pois estudiar e traballar, para que Galicia e Portugal non vivan de costas e convivan. Anuncio aquí que o Consello Científico da Facultade de Letras de Porto vén de aprobar un lectorado e unha sala para a cultura galega. Non nos ignoraremos se traballamos. Miremos senón, insisto, a Rui da Serpa Pinto, o nome que hoxe celebramos.

CARLOS GARCIA MARTINEZ: Xa está moito dito. Eu máis ben quero lanzar preguntas, plantexar puntos de debate. As relacións entre Galicia e Portugal foron sempre a través de contactos persoais, agás dun momento concreto: o Seminario de Estudos Galegos e a Semana de Porto no 1934. Paréceme que para que haxa unha fluidez neste achegamento mutuo é precisa a institucionalización das relacións, con tódolos riscos que conleva. As actuais xestións da Xunta de Galicia e da Universidade danse só pola cúspide, e non sei se van ter unha traducción real. Pero hai aínda algo máis importante: fóra do mundo da cultura, o pobo ¿que?. Na antropoloxía urbana veríamos cun sondeo que existe un certo rechazo mutuo...

C. A. FERREIRA DE ALMEIDA: É certo pero a rivalidade é imposible sen identidades. Tamén dentro das parroquias galegas ou portuguesas dase rivalidade entre sí. Ou vale o exemplo de calquera equipo de fútbol con outro da súa comarca: hai pugna porque existe unha identidade.

C. GARCIA MARTINEZ: Estou de acordo Pero eu falei de antropoloxía urbana, da poboación das cidades galegas, que é fundamental. E neste contexto é chamativo o feito da xente que nin sequera é galego falante...

CUESTION PRIMEIRA: (Para o profesor Carballo Calero). Quero falar da cuestión da normativización. Das tendencias isolacionistas e reintegracionistas. Paréceme que nesta segunda corrente as visións non son tan coherentes: por exemplo atopo diferencias entre as posturas defendidas por vostede e por Rodrigues Lapa. Vexo en Carballo Calero un achegamento na medida do posible, mais no filólogo portugués albíscase un certo cheiro a imperialismo idioimático... écomo reintegra-lo galego no portugués?.

RICARDO CARBALLO CALERO: O problema debe resolverse sobre bases científicas, tendo presente sincronía e diacronía. Querer facer unha lingua culta contando co galego que temos hoxe é como querer manter a un home enfermo na súa situación patolóxica. A historia do galego é unha historia clínica. A partir do XV perdeuse a dignificación da nosa lingua, que se fixo coloquial e fosilizada. 0 galego ten que sustituír unha chea de termos tomados do castelán polos orixinarios portugueses. Esta doctrina aséntase nos romanistas máis lúcidos como Menéndez Pidal e a súa admirable síntese explicativa da parcelación do latín nos diversos romances na península. Comparemos a situación do portugués respecto do galego e a do andaluz respecto do castelán. A diferencia está en que o portugués creou desde o Renacemento a súa propia ortografía, pero o andaluz falou andaluz e escribiu en castelán. Esto enmascara a realidade lingüística dese país. Felipe González Márquez tenta falar Castelán no Parlamento mais só o consegue a medias. Pero cando visita ós seus electores en Sevilla fala andaluz espontáneo e se se escribise na súa propia ortografía diferiría do castelán moitísimo máis có portugués do galego. Esta é a realidade. Nós non dicimos que o portugués sexa dialecto do galego. é,E o galego desde o punto de vista lingüístico de maior trascendencia social que o portugués?. Non. Sexamos discretos. Distingamos a lingüística da socio-política. O portugués pode e debe chamarse portugués. Sexamos transixentes, humanos, humanistas, liberais... As miñas diferencias con Rodrigues Lapa poden ser de vocabulario e de precisións conceptuais. Eu penso e falo desde Galicia, e el pensa e fala desde Portugal.

CUESTION SEGUNDA: (para o profesor Martínez López). ¿Podería explicarme a súa posición na comisión de normativa lingüística?.

R. MARTINEZ LOPEZ: Esa comisión foi algo plural. O presidente era o profesor Carballo. A posición da comisión de lingüística foi parecida á exposta hoxe aquí, con algunhas diferencias. Houbo un afán de transixir nalgúns aspectos. Os puntos de vista distintos entre o profesor Carballo e eu quizais radicaban que eu atendo máis o inmediato futuro da nosa lingua. Con eses posicionamentos reintegracionistas de seguro que aumentaríamo-las dificultades ós rapaces nas escolas e levantariamos máis opositores ó esfudio do galego. En resume, a miña posición sería moito máis transixente do que o profesor Carballo ten falado nesta intervención. Nos cultismos non fago problema, pero sí diferiría na ortografía. Esto non quere dicir que non comprenda a necesidade do contacto co portugués: todo o que escriba galego ten que ter á súa beira uns bos diccionarios portugueses como auxilio, e benvido sexa nese caso o portugués.

REFLEXION PRIMEIRA: (Fala Silvestre Lacerda, estudiante portugués). Temos que namorarnos cada vez máis uns dos outros, como insistía o profesor Santos Junior en Porto na primeira parte deste encontro. Gustaríame insistir na necesidade da cátedra de portugués en Compostela. Temos que saber mutuamente o que pasa nos dous países. Que se fomenten os intercambios estudiantís galegos e portugueses, con axudas para investigar, con bolsas de estudio. Faltan por exemplo canles comerciais para o intercambio de libros. Non hai contactos politicos e diplomáticos que pasen por Galicia, senón por Madrid.

REFLEXION SEGUNDA: Miremos só polo posible intercambio e círculos universitarios, porque é innegable o rechazo mutuo noutros ambientes máis populares e políticos... Deixemos agora dun lado os prohlemas do mero ámbito lingüístico. Existen realidades comúns que nos afectan: a CEE para unhas estructuras agrarias retardadas, os verquidos nucleares, proxectos nucleares coma o de Tras os Montes con consecuencias ecolóxicas semellantes... Estamos aquí porque Portugal e Galicia atopámonos na mesma barca. E así o noso traballo científico ten que ser visión de conxunto, superando os puros xogos idiomáticos no vacío...

REFLEXION E CUESTION TERCEIRA: Hai que insistir en dúas realidades que camiñan bastante distintas: o plano socio-político e o científico, no que nós podemos ter un maior protagonismo. Teño algunhas dúbidas sobre o plantexamento exposto polo profesor Carballo Calero. Ten que haber un entendemento entre os posicionamentos puramente científicos e especulativos e a realidade social e política que está vivindo un país. A lingua antes que nada é un factor de comunicación entre a xente, e ademais en Galicia é un conflicto social entre o castelán e o Estado Español e o idioma galego. Quero apuntar que aquí en Galicia, coa problemática actual pregunto se atender só a aspectos filolóxicos e científicos non virá actuar como un elemento distorsionador no que é un proceso de normalización da lingua. Unha cousa son as relacións de élite, e outra a realidade última para a que vale potenciar un idioma, é,non haberá que fuxir de vangardas científicas e atender máis ó momento que está vivindo Galicia?. En Porto algúns falabamos do conflicto idiomático dos nenos galegos co castelán, e agora aquí estamos engadindo unha guerra lingüística que non contribúe a facilita-lo momento histórico da Galicia autónoma; pregunto se non será un elemento dislocador andar agora con estas liortas...

CARBALLO CALERO: Na miña opinión hai filólogos e lingüístas dunha banda, e da outra hai sociólogos e políticos. O idioma é dúas cousas: un obxecto da creación humana e un vehículo de comunicación cunhas coordenadas insertas no mundo socio-político. Dun lado está o estudio científico dun idioma, e do outro a política lingüística. Eu adícome ó primeiro, e renuncio a plantexa-lo segundo problema. De maneira que o meu labor consiste e proporcionar claridade respeto do concepto do galego. Os políticos son os que deben conectar, se é posible, a esencia do galego, evitando a deriva cara ó castelán, coas dificultades que presenta un idioma falado do que o pobo non ten conciencia clara. E se vostede cre que é por un decreto como debe resolverse o problema direille que non fun eu quen decretou nada. Eu creo que hai que sinalar unha meta, acorde coa tradición romanista e galeguista, que apunta á desnaturalización do noso idioma. Se non recuperámo-la esencia do galego é preferible ensinar castelán: é,para que ensinar un galego castelaniza-do?. O meu interés é aportar unhas ideas que non son orixinais. O galego, ou é galego ou non é nada. Para que se castelanice non precisamos de premios literarios, de imposición nas escolas ou da normativa equis ou be. As cuestións de táctica concreta déixollas ós políticos.

REFLEXION CUARTA: Como ben subliñaba Silvestre e Santos Junior, o que cómpre é concretizar. Todo esto está moi ben, pero precísanse máis encontros, amistades e relacións persoais...


1984-05-27
O intelectual galeguista RML no claustro da Facultade de Xeografía e Historia da USC. 27 de maio de 1984
1984-11-00
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
1984-12-28
Na sinatura da acta de constitución da Fundación Castelao. 28 de decembro de 1984
1985-07-00
Retrato de Constantino García González
1986-00-00
Coloquio de Lexicografía Galega no Instituto da Lingua Galega, en 1986. De pé: Ramón Lorenzo, e á súa dereita Constantino García
1986-05-13
Conferencia sobre a situación do galego impartida por Constantino García o 13 de maio de 1986 na Fundación Juan March
1986-11-00
Don Ramón no balcón do Pazo de Martelo, en Rianxo, pronunciando o discurso de clausura do Congreso Castelao (novembro, 1986). Xusto á súa esquerda, gravadora en man, Fernando Quintela Novoa, presidente da Fundación Alexandre Bóveda
1987-00-00
Debate entre Constantino García e Ricardo Carballo Calero sobre o futuro do galego, emitido na TVG en 1987
1987-00-00
Cuberta do libro de RML A literatura galega no exilio, editado pola Fundación Otero Pedrayo, 1987
1989-00-00
Exemplar da primeira edición da Biblia entregado ao papa Xoán Paulo II. 1989
1989-07-00
Zulueta con Francisco Domínguez. Entrega ao presidente Fernando González Laxe, acompañado de Xavier Suárez-Vence, da Biblia en edición especial para o Papa Xoán Paulo II na visita a Compostela. Xullo de 1989
1989-09-21
Manuel Beiras lembra a Martínez López n'A Nosa Terra
1989-10-10
Entrevista de Xosefina L. Corral a Constantino García publicada no xornal A Nosa Terra en 1980
1990-00-00
Presentación do programa Cousas da Lingua, dirixido por Constantino García e emitido en 1990 na TVG
1990-00-00
Entrada de Martínez López no Diccionario de escritores en lingua galega de Fernández del Riego
1990-00-00
Cuberta do libro Homenaxe a Ramón Martínez López, publicado polo SEG en 1990
1990-05-17
Placa conmemorativa na súa casa natal boirense, descuberta o Día das Letras Galegas do ano 1990
1992-00-00
En 1992, Elixio Villaverde e Amancio Liñares editan a monografía didáctica para o ensino secundario, Ramón Martínez López. Pola universalidade de Galicia
1993-00-00
Sabela no posto de libros galegos do Grupo de Investigación Cultural Á Espreita (sentado, o xornalista Antón F. Escuredo), na facultade de Filoloxía da UB. 1993
1993-02-28
Fotografía de Constantino García publicada no xornal A Nosa Terra en 1993
1993-02-28
Entrevista de Xan Carballa a Constantino García publicada no xornal A Nosa Terra en 1993
1994-00-00
Marcos, Benito Losada, Carlos Casares, José Antonio Outeiriño e Afonso Vázquez-Monxardin, «De Cea con Carlos Casares». 1994
1995-05-31
Laudatio de Constantino García ao filólogo Alonso Zamora Vicente no seu acto de investidura como Doutor Honoris Causa en Filoloxía (USC, 31 de maio de 1995)
1997-05-01
Artigo de Sabela Labraña e Ignacio Vázquez na revista Quimera
2000-00-00
Entrevista de María Xesús Lama ao profesor Constantino García, publicada na revista Galicien Magazin no ano 2000
2001-00-00
Salva e Mamen cos seus fillos, en Sigüeiro en 2001
2001-09-20
Borobó lembra a Ramón Martínez López n'A Nosa Terra
2002-00-00
Relatorio de Sabela Labraña na VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias
2002-00-00
Teatro infantil sobre o Samaín, escritor por Carlos e Sabela Labraña
2003-00-00
Entrevista de Pere Comelles e Sabela Labraña a Miquel Siguan
2003-00-00
Publicación en homenaxe a Constantino García, primeiro Coordinador Científico do Centro Ramón Piñeiro, que recolle a súa obra xornalística completa
2003-00-00
Biografía de Constantino García na Gran Enciclopedia Galega
2003-00-00
Coloquio entre Salvador Pérez Froiz, Antón Dobao, Xosé Luís Regueira e Charo Pena sobre a lingua na Televisión de Galicia
2003-01-01
TORRES FEIJOO, E. e J. R. Gômez: «1900-2000: Um século para o processo de canonicidade de Eça de Queirós. A intervençom de Ernesto Guerra da Cal», Revista de Letras, 2 (2003), p. 103-112.
2003-01-01
Artigo do lingüista J.M. Montero Santalha escibe sobre os testemuños do reintegracionismo linguístico galego-portugués dos anos sesenta e setenta
2004-00-00
Vocabulario básico castelán (inglés)-galego do golf
2005-00-00
Sabela Labraña conversando cunha mariscadora da Asociación Cultural Mulleres do Mar, de Cambados, durante unha viaxe do Proxecto Galauda. Cambados, 2005
2006-00-00
Sabela Labraña, primeira pola esquerda, durante o recibimento institucional da SXPL aos estudantes da viaxe do Proxecto Galauda. Santiago de Compostela, 2006
2006-00-00
Sabela Labraña, coa súa risa habitual, saíndo de pasar por baixo da Pedra dos Cadrís. Muxía, 2006
2006-00-00
Sabela Labraña conversando con Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, antes da sesión plenaria da RAG do Día das Letras Galegas celebrada no Museo Carlos Maside do Castro. Sada, 2006
2006-00-00
Vocabulario bilingüe castelán-galego de termos deportivos elaborado por Salvador Pérez Froiz en 2006 no marco da campaña da UDC «Profesionaliza a túa lingua»
2007-00-00
Vencello: lingua e cultura galegas para estudantes de fóra de Galicia
2007-00-00
Artigo de Sabela Labraña e Eduard Velasco sobre coñecemento e convivencia do galego e o catalán
2007-00-00
Ramón Martínez López, obra publicada o ano do centenario do seu nacemento. 3C3 Editores, 2007; (Ser biografías)
2007-04-00
Cartel da homenaxe a Ramón Martínez López en Boiro, no centenario do seu nacemento. Abril de 2007
2007-04-01
Artigo sobre a actitude da poboación galega residente en Cataluña cara ao idioma da catalán
2008-00-00
Sabela Labraña con Carlos Núñez na praza do Obradoiro. Santiago de Compostela, 2008
2008-00-00
Constantino García González. Un galego de Asturias
2008-00-00
Salvador Pérez Froiz, na súa casa en 2008
2008-03-00
Artigo sobre a creación do Servizo de Normalización Lingüística da CRTVG e as súas funcións, publicado na revista CRTVG en marzo de 2008
2009-00-00
Cuberta do libro colectivo EuroComRom - As sete peneiras. Saber ler axiña todas as linguas románicas, no que participou Sabela Labraña
2009-00-00
Artigo de Antón Santamarina sobre a figura de Constantino García publicado na revista Verba con motivo do seu falecemento
2009-06-17
Discurso de Sabela Labraña nun acto de reivindicación da lingua galega en Barcelona, celebrado o 17 de maio de 2009
2010-00-00
Artigo de Manuel González sobre a figura de Constantino García publicado na revista Estudis Romànics con motivo do seu falecemento
2010-00-00
Salvador Pérez Froiz en xaneiro de 2010, ano no que enfermou
2011-00-00
Reflexións sobre a situación sociolingüística do galego
2013-00-00
Interpretación crítica das paisaxes do mar galego
2013-10-00
Invitación aos actos na memoria de Ramón Martínez López no seu Concello natal de Boiro. Outubro de 2013
2014-00-00
Intervención de Gonzalo Pernas Cora nas X Xornadas sobre Lingua e Usos
2014-10-14
Said Armesto en culturagalega.gal
2015-00-00
Discurso lido por Constantino García no acto de ingreso na Real Academia Galega o 12 de marzo de 1982
2015-01-01
Entrevista a Sabela Labraña na revista A micro pechado
2015-06-09
Laudatio de Rosario Álvarez a Sabela Labraña, lida na homenaxe que lle dedicaron os compañeiros e compañeiras da Universidade de Barcelona. 9 de xuño de 2015
2016-01-13
Programa radiofónico en homenaxe a Sabela Labraña emitido no marco do Proxecto Neo o 13 de xaneiro de 2016
2018-12-18
Retrato de Sabela Labraña
2018-12-18
Sabela Labraña nunha foto de José Pardo publicada en La Voz de Galicia
2021-00-00
Información sobre o Proxecto Galauda, do que Sabela Labraña foi coordinadora
2021-00-00
Vídeo de presentación do Proxecto Galauda, elaborado polo Departament d'Ensenyament da Generalitat de Catalunya
2021-00-00
Reportaxe sobre o Proxecto Galauda en Lingua Galega TV
2021-00-00
A importancia de Constantino García na fundación do ILG
2021-00-00
O Atlas Lingüístico Galego, proxecto fundacional do ILG
2021-11-25
Entrada de Sabela Labraña na Galipedia
2021-11-25
Sabela Labraña no Centro de Documentación da AELG
2021-11-30
Bibliografía de Sabela Labraña
2021-12-01
Sabela Labraña en youtube
2022-02-08
Entrada de Constantino García na Galipedia
2022-02-08
Ficha biobibliográfica de Constantino García na páxina web da Real Academia Galega
2022-05-31
Ramón Martínez López na DB-e da Real Academia de la Historia
2022-05-31
Entrada de Ramón Martínez López na Galipedia
2022-05-31
Relación de obras de Ramón Martínez López, realizada por Amancio Liñares Giraut
2022-05-31
Revista Yunque
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Lapa, Manuel RodriguesPiñeiro, RamónMartínez López, RamónLabraña, SabelaGarcía González, ConstantinoPérez Froiz, SalvadorLorenzo Vázquez, RamónCarballo Calero, RicardoOtero Pedrayo, RamónFernández del Riego, FranciscoCastelao, García-Sabell, DomingoFerro Couselo, XesúsMoure, Xosé AntónVelasco, EduardCasares, CarlosCunqueiro, ÁlvaroViqueira, Xohán VicenteSantamarina, AntónLiñares Giraut, Xosé AmancioIglesia Alvariño, AquilinoPaz-Andrade, ValentínFole, ÁnxelRodrigues, JoséBouza Brey, FermínGuisado, Alfredo PedroFerreiro, Celso EmilioGuerra da Cal, ErnestoÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaCunha, CelsoSánchez-Albornoz, ClaudioMontero Santalha, José MartinhoLugrís Freire, ManuelLacerda, SilvestreBeiras, Xosé ManuelLago González, ManuelCodax, MartinFontenla Rodrigues, Xosé LuísAlcalá, XavierOutón, AnaGarcía Martínez, CarlosMagariños Negreira, XuliánLourenzo, RamónSeoane, LuísCarro García, XesúsZulueta, AlfonsoPrimo de Rivera, Jose AntonioHuarte, Tobío Fernández, LoisCabo Fernández, Pedro Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na TransiciónÁlbum de Galiciaidentidade culturalliteraturaLingua. LiteraturaColección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón PiñeiroFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolsociedadeDefensa da linguanacionalismoexilio galegoGalegovídeoProxectoracción políticaUniversitariofiloloxía e lingüísticaSecundarioterminoloxíaensinoAsociacións culturaisfiloloxía galego-portuguesasociolingüísticahistoriapolíticadivulgación científicaonomásticamovementos sociaisrelixiónnormalización lingüísticaDía da Lingua Maternalingua galegaPortuguéscomunicaciónaxentes culturaisorganizaciónsreintegracionismopoesíagramática Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalidentidadeGuerra Civil española (1936-1939)antropoloxíatoponimiadereitolexicografíaIdade MediaxeografíaAquí medra a linguaartes

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0