Temática: Aquí medra a lingua

Temática: Aquí medra a lingua [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
2022-04-04
Activistas da lingua no IES Félix Muriel de Rianxo (A Coruña)
Ver

Transcripción da Activistas da lingua no IES Félix Muriel de Rianxo (A Coruña) en 04/04/2022

SINOPSE
No IES Félix Muriel de Rianxo o proxecto de Dinamización Lingüística non é unha simple axenda de actividades senón o corazón do seu proxecto educativo. Tanto é así, que dende hai anos aplican o Tratamento Integrado de Linguas dando prioridade á lingua minorizada como idioma vehicular. O resultado? Ademais dun maior e mellor uso do galego, unha educación de servizo á comunidade, cun profesorado implicado e un alumnado que exerce de activista da lingua.

INTERVEÑEN
Sofía Rama Lorenzo, Ramón Veiga Fernández, Sabela Loureiro Coto, Enma Ordóñez Freire, Noelia Fernández Romero, Laureano Figueira Tembra, Noa Rial Abuín, Ángela Garrido Pimentel, Óscar Iglesias Resúa, Andrea de Jesús Carou

Gravado en: IES Félix Muriel, Rianxo
Duración: 9 min


CONTIDO EXPANDIDO

VENTO A FAVOR
✓A aposta pola DL e o Tratamento Integrado de Linguas (TIL) no proxecto de centro
✓Rianxo é un contexto galegofalante, se ben o uso do galego na mocidade está en retroceso
✓ apoio activo da dirección que destina recursos propios do centro e busca outros

COMO SE ORGANIZAN
✓No centro aplican o Tratamento Integrado de Linguas, con ámbitos sociolingüísticos
✓Fomentan o traballo en equipo, compartindo obxectivos e repartindo tarefas
✓O aula de EDL funciona como un laboratorio de proxectos transversal
✓Nos recreos é un lugar de encontro, debate e desenvolvemento de proxectos
✓No primeiro ciclo de ESO, o equipo de Dinamización serve para integrar alumnado
✓Nos seguintes cursos incorporan máis debate e reflexión sobre a conciencia lingüística
✓A participación nos proxectos aporta puntos na avaliación final do alumnado
✓Solicitaron (e recibiron) horas de adicación ao EDL por parte da inspección educativa
✓Acondicionaron un local amplio para o traballo do alumnado
✓Colaboran coas familias, o Concello, os colexios de Primaria, comerciantes, etcétera
✓A clave é que o alumnado sexa o protagonista e xestor das actividades


ACTIVIDADES CON ÉXITO
✓No meu mar, na miña lingua
✓Radio Rianxo Fala
✓Web Rianxo Fala
✓Os quinse mais votados (listaxe de cancións en galego)
✓Clube de debate
✓Viaxes culturais
✓Creadores de Rianxo (libro e exposición)
✓Revista Bico da Ría
✓Falame galego no recreo
✓Recreos musicais
✓Campaña comercio

MELLORAS QUE PROPOÑEN
✓Reducir ratios e horas lectivas para adicar tempo a estes proxectos máis aló do voluntarismo
✓Coordinación curricular entre materias para que a aprendizaxe sexa significativa






2022-04-08
Alianzas necesarias no CEIP Barouta de Ames
Ver

Transcripción da Alianzas necesarias no CEIP Barouta de Ames en 08/04/2022

SINOPSE
O CEIP Barouta de Ames foi un dos centros que participou do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, unha investigación da Real Academia da Galega que encendeu todas as alarmas sobre o uso do galego entre a infancia e a xuventude. No caso de Barouta, aínda que o galego segue a ser a lingua materna de parte do alumnado, a desgaleguización é tamén unha realidade e por isos eguen colaboranco coa RAG para redeseñar o seu Plan de Dinamización Lingüística e atender aos desafíos que plantexan os novos datos.

INTERVEÑEN
Alonso Barreiro Caxade, Paula Casal Barreiro, Gabino Vázquez-Grandío, Ignacio Pose Couto, María Belén Domínguez Rey, Montserrat Castro Rodríguez, David Conde Varela, Sonia Lamas, Laura Trincado e Laura Hernáiz

Gravado en: CEIP Barouta, Ames e Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Duración: 9 min


CONTIDO EXPANDIDO

VENTO A FAVOR
✓Disponen dun estudo sociolingüístico que lles ofrece datos actualizados de uso real da lingua
✓Están nun entorno rural polo que moito do seu alumnado ten o galego como lingua materna
✓ Teñen experiencias de éxito con proxectos trasversais de centro como o de Igualdade

COMO SE ORGANIZAN
✓Implican moito as familias, realizando asambleas informativas e encontros con expertos
✓Están creando un novo proxecto de dinamización lingüística de obrigado cumprimento

ACTIVIDADES CON ÉXITO
✓Chocolatada con… Encontro con expertos
✓Celebracións das Letras Galegas, Samaín…
✓Radio Barouta

MELLORAS QUE PROPOÑEN
✓Crear un repositorio de contidos dixitais para ofrecer recursos de entretemento en galego




2022-04-25
'Da emoción á competencia' no CEIP Quintela de Moaña
Ver

Transcripción da 'Da emoción á competencia' no CEIP Quintela de Moaña en 25/04/2022

SINOPSE
No CEIP de Moaña son conscientes de que o uso do castelán no entorno do centro é maioritario e que a transmisión interxeracional do galego dentro das familias hai tempo que non se produce. Por iso promoven o seu uso con actividades cunha importante dimensión emocional, para espertar apego pola lingua e que o alumnado remate a Primaria podendo expresarse tamén en galego.

INTERVEÑEN
Belén Escariz Ferrín, Gloria Barreiro Cabanas, Enma Sequeiros Santomé, Tomé Barcia Martínez, Hugo Alves Nogueira, Mario Ríos Pérez, Mara Lemos Freire, Sofía Rodríguez Alvor, Beatriz Martínez

Gravado en: CEIP Quintela de Moaña
Duración: 10 min
es Nogueira, Mario Ríos Pérez, Mara Lemos Freire, Sofía Rodríguez Alvor, Beatriz Martínez


CONTIDO EXPANDIDO

VENTO EN CONTRA
Un contexto moi castelanizado no que xa non existe a a transmisión familiar do galego
Poucos libros divulgativos das materias obrigatorias en galego como Ciencias
O alumnado está de paso e o cambio a secundaria afecta moito á conciencia lingüística
O galego é o idioma para falar coas profes; entre iguais a lingua espontánea é o castelán

VENTO A FAVOR
As actividades non son voluntarias, son para todo o aula
A implicación do profesorado
Actitude positiva das familias respecto da lingua e a súa implicación nas actividades
A axuda da Oficina de Dinamización Lingüística do Concello

COMO SE ORGANIZAN
Reunións mensuais do equipo de normalización no que hai un mestre de cada etapa
Se encaixa no seu proxecto, presentánse a premios para ter recursos e obxectivos concretos
O galego é o idioma das celebracións pero tamén das TIC, para romper esterotipos

ACTIVIDADES CON ÉXITO
As mochilas viaxeiras
As recomendacións literarias da coordinadora de EDL municipal
Caranvexo TV: novas do centro
Radio Quintela: Entrevistas e novas do centro
Os xoves contamos nós, contacontos entre alumnado
Os recitados, cancións e presentación de proxectos de aula a outros cursos
Recomendacións literarias do alumnado
Os xogos tradicionais no patio
As charlas de pais / nais explicando oficios ou calquer temática que se trate no aula

MELLORAS QUE PROPOÑEN
Máis libros divulgativos de ciencia en galego para poder usalos nas materias
Edicións máis atractivas dos libros en galego para maiores de 7 anos
A reactivación da coordinadora galega de Equipos de Dinamización Lingüística
Flexibilizar a normativa respecto ao número de aulas que poden dar en galego


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Lapa, Manuel Rodrigues;  Piñeiro López, Ramón;  Martínez López, Ramón;  Labraña Barrero, Sabela;  García González, Constantino;  Pérez Froiz, Salvador;  Lorenzo Vázquez, Ramón;  Otero Pedrayo, Ramón;  Carballo Calero, Ricardo;  Fernández del Riego, Francisco;  Castelao, ;  García-Sabell, Domingo;  Moure, Xosé Antón;  Ferro Couselo, Xesús;  Viqueira, Xohán Vicente;  Velasco, Eduard;  Cunqueiro, Álvaro;  Casares, Carlos;  Bouza Brey, Fermín;  Santamarina, Antón;  Liñares Giraut, Xosé Amancio;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Paz-Andrade, Valentín;  Fole, Ánxel;  Rodrigues, José;  Sánchez-Albornoz, Claudio;  Montero Santalha, José Martinho;  Guisado, Alfredo Pedro;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Guerra da Cal, Ernesto;  Lugrís Freire, Manuel;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Cunha, Celso;  Risco, Vicente;  Zulueta, Alfonso;  Río Barja, Francisco Javier;  González González, Manuel;  Teixeira de Pascoaes, ;  Lopo Lias, ;  Sánchez Cantón, Francisco Javier;  Villar Ponte, Antón;  Tobío Fernández, Lois;  Carballa, Xan;  Castro, Rosalía de;  Coimbra, Leonardo;  Tavani, Giuseppe;  Losada, Basilio;  Piñeiro, Sara;  Herculano, Alexandre;  Alcalá, Xavier;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  Álbum de Galicia;  identidade cultural;  literatura;  Lingua. Literatura;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  sociedade;  Defensa da lingua;  nacionalismo;  exilio galego;  Galego;  vídeo;  Proxector;  acción política;  Universitario;  filoloxía e lingüística;  Secundario;  terminoloxía;  ensino;  Asociacións culturais;  filoloxía galego-portuguesa;  sociolingüística;  historia;  política;  divulgación científica;  onomástica;  movementos sociais;  relixión;  normalización lingüística;  Día da Lingua Materna;  lingua galega;  Portugués;  comunicación;  axentes culturais;  organizacións;  reintegracionismo;  poesía;  gramática;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  identidade;  Guerra Civil española (1936-1939);  antropoloxía;  toponimia;  dereito;  lexicografía;  Idade Media;  xeografía;  Aquí medra a lingua;  artes; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0