Temática: biografía

Temática: biografía [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 33: Entrevista en RNE
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 33: Entrevista en RNE en 00/00/1988

—¿Despois de pasar tanto tempo por terras colombianas e de integrarte na súa comunidade ¿como viviches o reencontro coa terra, posiblemente idealizada na distancia?
—A terra sempre se idealiza e, sobre todo, hai un problema grave, que se vai dividindo a mente en compartimentos e, cando te vas, levas unha imaxe da terra que queda fixa na memoria, unha especie de postal, que, cando chegas de novo, está destruída dalgún xeito porque
todo avanza, todo vai para diante e todo iso vaise consumindo e destruíndo co tempo. Entón levas, cando chegas, un pouco a desilusión de non atopar as cousas no seu sitio, polo menos certas cousas no seu sitio. Porque un coñece as árbores e as pedras por onde andou e, cando chega, non as atopa realmente no mesmo sitio. Non atopas realmente a xente no mesmo sitio, e ti sempre a estás vendo na memoria máis ou menos
apousentada no sitio en que a deixaches e entón hai unha certa desilusión e un certo enfrontamento contigo mesmo porque sabes que hai algo xa irrecuperable para sempre.


1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 35: Entrevista en RNE
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 35: Entrevista en RNE en 00/00/1988

—¿En que medida os Cantos caucanos son o tributo ou a débeda que tiñas contraída con Colombia?
—Non é ningunha débeda, porque eu formo parte de Colombia como formo parte de Galicia. Iso parece unha cousa rara pero é así. Eu pasei vinte anos en Colombia, vinte anos que foron quizais a mellor parte da miña vida porque pasei dos vintecinco aos corenta e cinco anos e entón a vivencia é forte. Máis ca unha débeda é unha especie de psicanálise para ir entrando outra vez na miña terra e botando fóra a presencia sempre viva e quente do que son aquelas terras e aquelas xentes. Entón, dalgún xeito, para ir penetrando outra vez, ir achegándome á miña propia terra un pouco limpo de todo o que puidera haber detrás. Ese libro é iso.


1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 36: Entrevista en RNE
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 36: Entrevista en RNE en 00/00/1988

—¿Como atopas a terra hoxe?
—A terra sempre a atopo ben. Pode haber certos problemas, certos encontros ás veces non axeitados, e certa loita cun mesmo para estar no momento actual porque, cando estás tanto tempo fóra, queres integrarte moi pronto e non é fácil porque loxicamente estás un pouco desfasado. Agora xa pasou tempo desque eu cheguei e xa estou máis ou menos ao tanto de todo, pero ao principio foi moi duro.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Avilés de Taramancos, Antón Temáticas: entrevistabiografíamigraciónsretornosaudadememorias

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0