Temática: emigración

Temática: emigración [17]

Data Material Ver
Data Material Ver
Federico Mediante coa súa muller, Horentina Acosta e a súa filla. Sen data
Retrato de Federico Mediante. Sen data
Retrato de Federico Mediante Noceda
Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega
Ver

Transcripción da Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega

Nélida Cuíñas Piñón naceu en Río de Xaneiro no ano 1937. É descendente de galegos polos catro costados. De pai galego e nai carioca, filla de galegos. Daniel Cuíñas Cuíñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente extraordinario para esta recoñecida escritora. O coñecemento do “mundo galego”, como ela mesma sinala, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade híbrida que tanto enriquece a alma. Na súa nenez Nélida viaxa a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualifica este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conserva aínda na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcaría parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro La república de los sueños (1984), no que recrea o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal.
En 1957 obtén o título de Licenciada en Xornalismo pola Pontificia Universidade Católica do Rio de Janeiro. Desde entón a súa carreira profesional non fixo máis que subir chanzos cara ao éxito absoluto e transcendente. Comeza o seu labor como correspondente na revista Mundo Nuevo e a súa colaboración na revista Cadernos Brasileiros. No mundo literario iníciase coa súa novela Guía-mapa de Gabriel Arcanjo, publicada en 1961, e segue con publicacións como Tempo das frutas (1966), Sala de armas (1973), Fundador (1969) ou A casa da paixão (1972). Por outra banda, Nélida asume a responsabilidade de dirixir varias institucións, como o Laboratório de Criação Literária da Universidade Federal do Rio de Janeiro (1970) ou a Divisão Cultural do Departamento de Cultura de Estado do Rio de Janeiro, entre outras. Ademais foi membro e profesora de diferentes institucións de carácter internacional. Tal é o caso de Phi Beta Delta Honor Society (1993, Universidade de Miami), o Conselho Nacional dos Direitos da Mulher do Rio de Janeiro ou a Academia de Filosofía de Brasil (2006).
En 1996 é nomeada presidenta da Academia Brasileira de Letras. Recibiu numerosos galardóns durante a súa longa carreira profesional, entre os que se pode destacar: o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2003) e o Premio Príncipe de Asturias das Letras (2005). Ten publicados case unha trintena de libros e na actualidade aínda continúa coa súa produción literaria.


1921-07-13
José de Cora trata no seu blog a figura de Federico Mediante
1922-07-01
Carta que acredita a condición de Federico Mediante como correspondente literario das revistas argentinas Lo que canta el pueblo e Pluma y tinta. 1922
1923-10-27
Carné de Federico Mediante como membro da Sociedad Argentina de Autores. 1923
1930-00-00
Federico e o seu irmán José sentados na terraza do Bar Mediante de Ribadeo. Ca. 1930
1939-00-00
Cuberta de A orillas del Pilcomayo, primeira novela de Federico Mediante. 1939
1939-04-13
Federico na praia das Catedrais en Ribadeo. Fotografía enviada á súa muller Tina con texto no reverso. 13 de abril de 1939
1939-04-13
Reverso da fotografía tomada na praida das Catedrais en Ribadeo, con texto mecanoscrito de Federico para Tina. 13 de abril de 1939
1939-05-01
Federico e Tina posando na praza España de Ribadeo onde tiña o bar o seu irmán José. Maio de 1939
1940-00-00
Retrato de Federico Mediante. Década de 1940
1949-00-00
Federico paseando por Madrid. 1949
1959-00-00
Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979)
Ver

Transcripción da Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979) en 00/00/1959

Eduardo Blanco-Amor, un dos grandes xornalistas galegos en Arxentina, foi tamén autor de poesía e de numerosas obras de teatro. En 1959 publicou A esmorga, novela escrita en galego que foi editada en Bos Aires, pola imposibilidade da Editorial Galaxia de facelo debido á prohibición da censura franquista. O libro, traído a Galicia clandestinamente, acada pronto unha importante sona e sinala un fito histórico na renovación da nosa narrativa. Axiña foi considerada como a gran novela social da posguerra. A lingua popular empregada contrasta co galego requintado e por veces artificial doutros escritores do momento. A condición social dos personaxes e o ambiente marxinal en que se desenvolve a acción fan que se considere como unha novela social, chea de violencia e crueldade nalgunhas pasaxes. E destaca no texto a chuvia e as paisaxes urbanas de Auria, a ficticia cidade onde se desenvolve, recreación literaria de Ourense, a cidade natal do autor.


2017-05-14
Artigo de Martín Fernández sobre Federico Mediante publicado en La Voz de Galicia
2021-11-19
Biografía de Federico Mediante no blog Obiter dicta

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0