Persoa: Eduardo Blanco Amor [2]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1959-00-00 | Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979) |
Ver
Transcripción da Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979) en 00/00/1959Eduardo Blanco-Amor, un dos grandes xornalistas galegos en Arxentina, foi tamén autor de poesía e de numerosas obras de teatro. En 1959 publicou A esmorga, novela escrita en galego que foi editada en Bos Aires, pola imposibilidade da Editorial Galaxia de facelo debido á prohibición da censura franquista. O libro, traído a Galicia clandestinamente, acada pronto unha importante sona e sinala un fito histórico na renovación da nosa narrativa. Axiña foi considerada como a gran novela social da posguerra. A lingua popular empregada contrasta co galego requintado e por veces artificial doutros escritores do momento. A condición social dos personaxes e o ambiente marxinal en que se desenvolve a acción fan que se considere como unha novela social, chea de violencia e crueldade nalgunhas pasaxes. E destaca no texto a chuvia e as paisaxes urbanas de Auria, a ficticia cidade onde se desenvolve, recreación literaria de Ourense, a cidade natal do autor.
|
| 1970-03-15 | Carta de Rodrigues Lapa a Ramón Piñeiro, 1970 |


