Temática: Historias de ida e volta [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega |
Ver
Transcripción da Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galegaNélida Cuíñas Piñón naceu en Río de Xaneiro no ano 1937. É descendente de galegos polos catro costados. De pai galego e nai carioca, filla de galegos. Daniel Cuíñas Cuíñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente extraordinario para esta recoñecida escritora. O coñecemento do “mundo galego”, como ela mesma sinala, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade híbrida que tanto enriquece a alma. Na súa nenez Nélida viaxa a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualifica este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conserva aínda na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcaría parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro La república de los sueños (1984), no que recrea o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal.
|
|
| 1959-00-00 | Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979) |
Ver
Transcripción da Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979) en 00/00/1959Eduardo Blanco-Amor, un dos grandes xornalistas galegos en Arxentina, foi tamén autor de poesía e de numerosas obras de teatro. En 1959 publicou A esmorga, novela escrita en galego que foi editada en Bos Aires, pola imposibilidade da Editorial Galaxia de facelo debido á prohibición da censura franquista. O libro, traído a Galicia clandestinamente, acada pronto unha importante sona e sinala un fito histórico na renovación da nosa narrativa. Axiña foi considerada como a gran novela social da posguerra. A lingua popular empregada contrasta co galego requintado e por veces artificial doutros escritores do momento. A condición social dos personaxes e o ambiente marxinal en que se desenvolve a acción fan que se considere como unha novela social, chea de violencia e crueldade nalgunhas pasaxes. E destaca no texto a chuvia e as paisaxes urbanas de Auria, a ficticia cidade onde se desenvolve, recreación literaria de Ourense, a cidade natal do autor.
|
| 1962-00-00 | María Victoria Villaverde Otero, Vilagarcía de Arousa (1922) - Ribadumia (2017) |
Ver
Transcripción da María Victoria Villaverde Otero, Vilagarcía de Arousa (1922) - Ribadumia (2017) en 00/00/1962Esta obra autobiográfica narra as experiencias de Mariví Villaverde (tamén coñecida polo apelido do seu marido) durante a República, a Guerra Civil e o exilio coa súa familia en Francia e Arxentina, así como os seus anos no réxime franquista tras a súa volta a Galicia para casar con Ramón de Valenzuela. Nestas memorias relata, cunha profunda nostalxia, os fitos e ideais do período republicano e os seus recordos dunha infancia e xuventude feliz; tamén a loita e o sufrimento nos anos de exilio, baixo unha mirada feminista de defensa do papel das mulleres e da igualdade de xénero. Tres tiempos y la esperanza foi publicado en Bos Aires en 1962, prologado por Arturo Cuadrado, con quen a autora colaborara moitos anos no xornal Galicia da FSG. En 1987, xa retornada a España coa súa familia, Ediciós do Castro volve publicar esta obra na colección facsimilar Documentos para a Historia Contemporánea de Galicia; e no 2002 a editorial A Nosa Terra publica estas memorias, en galego, na súa colección Mulleres.
|


