Temática: A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto [1]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1927-00-00 | Portada do primeiro catálogo dos fondos da Biblioteca América |
Ver
Transcripción da Portada do primeiro catálogo dos fondos da Biblioteca América en 00/00/1927Se ben as relacións de Gumersindo Busto co claustro universitario non foron as mellores, o filántropo atopou dende moi cedo apoio nos diferentes xefes da Biblioteca universitaria e nos seus traballadores, que axiña se puxeron á súa disposición. Tanto Manuel Feijoo Poncet como José Mª de Bustamante y Urrutia contribuíron de maneira destacada ao éxito do proxecto: grazas á súa dilixencia, os libros e materiais que se ían recibindo foron gardados e catalogados de maneira independente ao resto dos fondos da Biblioteca Xeral, o que permitiu manter a súa identidade como fondo especial.
|


