Presentamos aquí os nove números, publicados entre 2014 e 2024, da terceira e derradeira época de Andaina. Revista galega de pensamento feminista, creada en 1983, a publicación periódica feminista máis lonxeva do ámbito ibérico.
Presenta un consello de redacción que se vai renovando parcialmente. Del forman parte Nadia Álvarez Fernández, María Araujo Pires, Ana Arellano, Patricia Arias Chachero, Celia Balboa Guerra, Ana Luísa Bouza Santiago, Sara Doval, Zélia Garcia, Luz García Vigo, Laura Gómez Lorenzo, María Teresa Gómez Louzao, Natividad Paramá Ferreiro, Pilar Pérez Rey, Aida Raíndo Vázquez, Laura Rodríguez Martín, Saleta de Salvador Agra, Nanina Santos, Iria Vázquez e Estrela Villaverde.
Muda a periodicidade, que pasa a ser anual. Mantén o obxectivo de difundir e animar o debate arredor de posicións, accións e propostas das teorías feministas e LGTBIQ+. A revista destaca as denuncias de agresións, desigualdade e discriminación, en particular as que atinxen ás mulleres e persoas LGTBIQ+, recolle a súa memoria e ofrece contribucións relevantes para unha historia das mulleres, dos feminismos e da propia publicación.
Subtítulo:
Revista galega de pensamento feminista
Lugar:
Santiago de Compostela
Data de inicio:
2014
Data de fin:
2024
Comezo-cese:
N.º 65 (2014) – n.º 73 (2024)
Notas:
Non se publica no anos 2020 como consecuencia da pandemia da covid, e tampouco no 2022.
Formato:
21 cm ancho x 30 cm alto.
Extensión:
Entre 40 e 60 páxinas
Tiraxe:
Entre 250 e 300 exemplares
Lugares de distribución:
Subscricións e venda nas librarías Couceiro e Xiada na Coruña, Couceiro e Pedreira en Santiago de Compostela, Michelena e Paz en Pontevedra, Trama en Lugo.
Financiamento:
Fondos propios, publicidade, venda e subscricións.
Contido:
Publicación en galego, ilustrada, editada en Santiago de Compostela. Esta terceira época de Andaina mantén o subtítulo de Revista galega de pensamento feminista, presenta continuidade na numeración, o número de páxinas, as temáticas e algunhas seccións. Edita un total de 9 números entre 2014 e 2024 con periodicidade anual. O deseño gráfico dos números 65-70 é de Uqui Permui, o do número 71 de Onírica Comunicación, o do 72 de Natividad Paramá Ferreiro, e o 73 de Grafisant. O consello de redacción está formado por: Nadia Álvarez Fernández, María Araujo Pires (n.º 68-73), Ana Arellano, Patricia Arias Chachero, Celia Balboa Guerra (n.º 65), Ana Luísa Bouza Santiago, Sara Doval (n.º 69-73), Zélia Garcia, Luz García Vigo (n.º 69-73), Laura Gómez Lorenzo, María Teresa Gómez Louzao, Natividad Paramá Ferreiro (n.º 69-73), Pilar Pérez Rey, Aida Raíndo Vázquez (n.º 71), Laura Rodríguez Martín (n.º Suma entre 2014 e 2024 un total de 9 números publicando un ao ano agás nos anos 2020 e 2022. 73), Saleta de Salvador Agra, Nanina Santos, Iria Vázquez e Estrela Villaverde. Inserta imaxes de arquivos e de nova creación. Todos os números presentan papel mate a cor na portada e contraportada; emprega o branco e negro nas páxinas interiores.O derradeiro número presenta unha diferenza no texto da contraportada entre as edicións en papel e dixital sobre a existencia dunha biografía de María Josefa Wonenburger no portal web do CCG.
Observacións:
Non se publica no anos 2020 como consecuencia da pandemia da covid, e tampouco no 2022.
Ilustracións:
Inclúe ilustracións de nova creación de artistas recoñecidas, fotografías de arquivo, capturas de pantalla e algúns artigos engaden gráficos.
Números consultados:
65, 66, 67, 68, 69, 70, 71, 72, 73
Referencias bibliográficas:
Tres épocas da revista Andaina (1983-2024)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: n.º 65 a n.º 73