----

Os editores reflexionan sobre o presente e futuro do sector no Consello da Cultura Galega

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, inaugurou esta mañá o XX Simposio “O Libro e a lectura” que organiza anualmente a Asociación Galega de Editoras. Na súa intervención destacou o salto “cuantitativo e cualitativo que o sector de unos últimos corenta anos” e lembrou o reto da internacionalización e a dixitalización. Ademais, destacou que ambas institución cumpren neste 2023 corenta anos e que “estamos xuntas no mesmo barco”.

Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras, e Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, destacaron a resistencia deste sector que atravesa moitas turbulencias e crises pero que amosa unha gran fortaleza e ten na internacionalización un dos seus retos.

Neste encontro profesional profundarase sobre a edición en Galicia ao longo destes 40 anos, a situación do mercado e a internacionalización do libro galego.