Foron precisamente os seus coñecementos neste período os que Justo Beramendi ofreceu en diferentes actividades e iniciativas do Consello da Cultura Galega, coma o congreso internacional Rosalía de castro e o seu tempo (1985), Los nacionalismos en la España de la II República (1991), Etnicidade e nacionalismo (2001), o Congreso Internacional Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía (2001) (2010) ou o Segundo congreso internacional Irmandades da Fala. Cultura e política na España de Entreguerras (2017). A súa última participación co CCG foi no congreso Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos (2017). O legado do profesor Beramendi pódese apreciar tamén como figura de referencia nas investigacións sobre as grandes figuras do galeguismo e as súas apostas sociais e políticas.
Aínda que a súa formación inicial foi técnica (Enxeñaría Industrial en Madrid, de 1959 a 1967) e a súa orixe foránea, Beramendi implicouse en profundidade na cultura galega. O intelectual estivo moi vinculado á creación e articulación do Museo do Pobo Galego. Foi secretario do seu padroado (1979-1986), presidente da Xunta Reitora (2000-2011) e presidente dende o ano 2011 ata hai o 2022. Tamén estivo vinculado á fundación Castelao ou á fundación Vicente Risco, entre outras actividades. Medalla Castelao (outros premios).




