----

A institución apoia aos editores galegos no seu simposio anual

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, participou esta mañá na sede da institución na inauguración da 22ª edición do simposio anual sobre o libro e a lectura que organiza a Asociación Galega de Editores (AGE). Alí destacou o apoio do CCG á entidade e ofreceu a “dispoñiblidade para desenvolver nos vindeiros meses calquera acción complementaria”. Canda ela estaban Anxo Lorenzo, Secretario xeral de Cultura, que incidiu na “colaboracion coa asociación a través do convenio que manteñen coa AGE e recordou a importancia da distribución e da exportación no sector do libro. Miguel Toval, que era o seu primeiro simposio como presidente da AGE, destacou a importancia da distribución nun momento que “aínsa que somos optimistas pola certa estabilidade, estamos nunha situación moi dificultosa”. O simposio titulado “A distribución do libro galego” analizou os modelos de distribución do libro galego e as liñas de apoio á exportación do libro.

O acto contou coa participación de abondosos profesional das editoriais e das distribuidoras. Comezou coa mesa redonda titulada "A evolución do libro nos últimos anos. Modelos sostibles de distribución" coa participación de Patricia Portabales, directora comercial en Aronia; Belén López, directora do Consorcio Editorial Galego; Juan Manuel Martínez, director xeral de FANDE e Cielo Fernández, presidenta da Federación de Librarías de Galicia.

A segunda mesa analizou as liñas de apoio á distribución e á exportación libro, a cargo de Eva María Pulido Rodríguez, directora adxunta Industrias Creativas do ICEX e Laura María González-Dopeso, subdirectora de internacionalización do IGAPE. A última mesa, titulada Editoras con modelos de distribución noutros mercados. Casos de éxito", puxo sobre a mesa a experiencia de Mónica González, directora xerente de Narcea; e Xosé Ballesteros, director xeral de Kalandraka.A cabeceira tiña periodicidade mensual, está escrita maioritariamente en galego e contou con colaboradores como Varela Buxán, García Barros, Castelao, Antón Alonso Ríos, Daniel Cortezón, Francisco Fernández del Riego, Manuel María, Pura Vázquez Iglesias, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Suárez Picallo ou Xesús Alonso Montero.