Esta mesa redonda pretende poñen en valor a regueifa, unha manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial que consiste nunha disputa dialéctica a través do canto oral improvisado en verso e que se caracteriza polo uso creativo do humor, da música e da crítica social. Para a ocasión estarán o investigador, escritor, estudoso da literatura oral galega e autor de artigos sobre regueifa, tradición oral e música popular, Domingo Blanco; a regueifeira e gañadora de numerosos premios e certames desta manifestación, Lupe Blanco; e o músico, docente e activista cultural, regueifeiro e impulsor proxectos pedagóxicos como Regueifesta (para recuperar e promovendo a regueira e a improvisación oral nas escolas), Manolo Maseda. Canda eles estará Alejo Amoedo, director do Arquivo Sonoro de Galicia.


