NOTICIA

----

Unha xornada afonda na figura de Mercedes Ruibal no centenario do seu nacemento

Dos alalás e da lírica medieval ata a actual escena musical en galego, a nova entrega de “Proxector”, iniciativa de divulgación en galego promovida polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) e pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), conmemora o Día Europeo da Música (21 de xuño) cunha ducia de vídeos. Baixo o título Lingua e música en sintonía, abórdanse temas como os seráns, as regueifas, as músicas urbanas e outros estilos musicais.

María Díaz Rey abre os relatorios cunha intervención na que se achega á personalidade e á obra da artista desde unha perspectiva contemporánea, poñendo o foco na vixencia do seu legado e na necesidade de seguir reivindicando o seu papel na historia da arte galega. A continuación, Pilar Corredoira López pronunciará o relatorio “Mercedes Ruibal, centellas de bruja y aire de ría”, unha reflexión arredor dos universos simbólicos, estéticos e persoais que marcaron a produción artística da pintora. A intervención permitirá achegarse ás claves creativas dunha obra profundamente vinculada á identidade, á memoria e á paisaxe. Baixo o título “Mercedes Ruibal, a secas”, Susana Cendán achegarase á creadora desde unha mirada directa e sen artificios, reivindicando a súa dimensión artística máis alá de etiquetas e contextualizacións reducionistas. A conferencia afondará nos aspectos máis relevantes dunha traxectoria marcada pola independencia creativa e o compromiso coa expresión artística.

A xornada continuará cunha mesa redonda dedicada aos cen anos de Mercedes Ruibal, un espazo para o diálogo e a reflexión compartida no que participarán María Díaz Rey, Pilar Corredoira López e Susana Cendán Caaveiro. O debate estará moderado por May Díaz Cacheda e permitirá abordar diferentes perspectivas sobre a pegada da artista, a recepción da súa obra e os retos actuais para a difusión e conservación do seu legado.

Como peche do programa, haberá unha visita comentada á exposición “Arte en parella. Mercedes Ruibal - Agustín Pérez Bellas”, guiada pola súa comisaria, Cristina Villaverde Ruibal. Esta mostra do Museo de Pontevedra amosa as traxectorias artísticas de Mercedes e o seu home, o arquitecto Agustín Pérez Bellas (Vigo, 1927). A mostra amosa o comprosomiso da parella co movemento antifranquista e coa denuncia social desde estilos distintos e plasticamente afastados, Mercedes Ruibal, influenciada na súa etapa en Arxentina polo seu vínculo con Laxeiro, reflectiou na súa obra os conflitos bélicos e políticos dos anos sesenta e setenta e, en plena ditadura, a guerra de Vietnam e o golpe de Estado en Chile. Influencias sociais que compatibiliza cunha pintura baseada na tradición galega e na que recrea con fortaleza o ámbito feminino.

Unha figura destacada na arte galega
No programa da xornada destaca o perfil biográfico de Mercedes Ruibal: Forma parte dese grupo de artistas da nosa terra que impulsaron a renovación artística durante os años cincuenta e sesenta do século XX, entre os que se inclúen María Antonia Dans, Elena Gago, José María de Labra, Luis Caruncho, María Victoria de la Fuente, Lago Rivera ou Tenreiro. Nada nunha familia con sensibilidade pola arte, a dureza da posguerra faina emigrar en 1950 a Bos Aires. Alí vivía xa o seu irmán, o escritor e dramaturgo José Ruibal, quen a introduce na vida intelectual da capital arxentina, por aquel entón en pleno auxe. Nesta cidade establece contacto co pintor Laxeiro, o seu mentor, quen a anima a pintar. Tamén alí realiza a súa primeira exposición de pinturas en 1956, á que seguirán bastantes máis en importantes galerías madrileñas e galegas. Un ano despois regresa a Galicia e despois, tras realizar unha serie de exposicións en Vigo, trasládase a Madrid, onde traballa como deseñadora de cerámica e establece relación cos artistas que frecuentan o Café Gijón.
Pouco despois coñece ao pintor e arquitecto Agustín Pérez Bellas, con quen casa en 1959. Viven en Vigo, mais pasan tempadas en Madrid, onde se relacionan coa intelectualidade española e galega. Fixeron tamén estadías en Italia, mantiñan un estudo en Roma e formaban parte dunha importante comunidade artística no Trastévere, lugar de encontro de personalidades da cultura italiana e internacional durante os anos setenta. Alí frecuentan a Rafael Alberti e M.ª Teresa León, comprometidos coma eles na loita antifranquista.

Creadora dun mundo único e persoal, Mercedes Ruibal fai unha pintura cun enfoque primitivista e naíf, que remite ao románico. Fiel á súa época e ás súas conviccións políticas, nas súas obras están presentes a denuncia e un forte compromiso social, en consonancia co seu activismo político.
No ano 2003 falece na súa casa de Vigo e deixa unha obra artística de gran calidade. A súa produción tamén abarcou a escrita: o libro Confesiones de una volatinera con bragas de repuesto al dorso (Akal, 1978) e o poemario Y mi voz es tu nombre (Ediciós do Castro, 1986).